Complementarias

Concerto de Efrén López e Michalis Kouloumis para ESO

O vindeiro luns 28 de Maio, ás 16:30 da tarde, @s alumn@s da ESO poderán gozar dun concerto a cargo do dúo Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) aproveitando a xira que teñen previsto dar por terras galegas durante estas datas. O concerto terá lugar no auditorio da biblioteca do concello.

Este dúo formado por dous dos máis recoñecidos intérpretes no eido das músicas tradicionais mediterráneas do leste así como da música clásica Ottomana, partillan e poñen a disposición da música todas as súas destrezas, ofrecéndonos unha experiencia inesquecible de extrema sensibilidade que nos introduce nun mundo único de diversas sonoridades e cores. Acompañados de exóticos instrumentos procedentes de alonxadas culturas e cun repertorio cargado de achegas persoais e dos repertorios das principais culturas musicais do leste de Europa no que se exceden as fronteiras a prol da universalidade; o dúo López-Kouloumis sobrepasarán os límites da nosa imaxinación.

SAMAÍN E MAGOSTO

UN SAMAÍN DE MEDO....

O venres 3 celebramos no noso cole a festa do SAMAÍN cargado de medo e risas... Tivemos unha exposición de cabazas, decoramos as portas das nosas aulas e celebramos o Magosto xogando con castañas para despois comelas. Como este curso o tema do centro é América, aproveitamos para coñecer algo da festa dos mortos e ata tivemos un Mariachi!!!!

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos....

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concerto para alumnos de 5º e 6º de primaria

O músico Germán Díaz dará un concerto aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi. O concerto terá lugar este Xoves 30 de Marzo no audiotorio da biblioteca municipal. Germán Díaz interpretará temas do seu proxecto "Método Cardiofónico" no que emprega como base sons do corazón grabados nuns discos de vinilo por un médico cardiólogo nos anos 30. O proxecto tamén xira en torno ao diverso mundo dos instrumentos de manivela.

 

 

CHEGOU O NOSO PRIMEIRO ESCORNABOT!

14/05/2016 16:42
Europe/Madrid

 

O CPI Castro Baxoi foi seleccionado entre máis de 120 centros de toda Galicia para participar no proxecto ESCORNABOTS de Bibliotecas Escolares . Catro mini-robots estarán á disposición da comunicade escolar na biblioteca do Centro para iniciar aos alumnos de Infantil e Primaria na linguaxe de programación e axudarlles a mellorar as súas competencias. Para que os escornabots nos axuden a aprender teremos que coñecer ben como guialos, así que imos ter que pensar, expresarnos, intercambiar opinións, decidir, colaborar.. e tamén divertirnos. Neste final de curso traballaremos sobre as propostas de actividades e no vindeiro o noso cuarteto de escornabots camiñará connosco ata onde nós queiramos.

 

Escornabot

 

 

 

O AXEDREZ DA UNHA NOVA ALEGRÍA AO CPI CASTRO BAXOI

Os días 6 e 13 de Marzo tivo lugar a fase comarcal do torneo de Axedrez do programa XOGADE cuns 200 xogadores. Na categoría benxamín, participaron uns 60 rapaces formando máis de 10 equipos. Un destes equipos foi o formado polos alumnos do CPI CASTRO BAXOI: Miro Rivas, Hugo Couce, Adrián e Itziar Mediavilla, Noel Allegue, Juan Blanco e Sergio Estévez. Por segundo ano consecutivo os nosos alumnos revalidaron o título de campions, o que lles permite pasar a seguinte fase, que tamén gañaron o ano pasado. 

 

 

 

MOITAS FELICIDADES A TODOS E MOITA SORTE NA SEGUINTE FASE!!!!!

 

 

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2015 10:17
Europe/Madrid

Para levantar a nosa voz contra a violencia de xénero, levamos uns días traballando nas aulas: falamos do tema para concienciarnos do importante que é o respecto e a tolerancia, especialmente entre nenos e nenas, mozos e mozas, homes e mulleres, porque somos nós os que construímos a sociedade coas diferenzas que nos fan tan iguais en dereitos e deberes; tamén lemos, escribimos, fixemos murais e creamos logos co fin de que a loita contra este grave problema continúe todos os días do ano. Cos traballos realizados e diferentes documentos fixemos unha exposición á que nos fomos achegando e aproveitamos para darlle o noso voto ao logo que pode acompañarnos durante este curso, como imaxe dos nosos perfís ou ilustración dos nosos cadernos. A proposta de Zoe Trotta de 3º de ESO foi a máis votada. Aquí a deixamos para que a utilicedes se o desexades:

 

Ás dez da mañá, pousamos o noso material, erguémonos e gardamos un minuto de silenzo para rexeitar a violencia de xénero. Despois escribimos os nosos pensamentos nun taboleiro branco que colocamos na entrada do colexio.

 

CHARLA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS E TECIDOS

COMO TODOS LOS ANOS VIÑERON OS DO CENTRO DE COORDINACIÓN E TRANSPLANTES DO CHUAC A DARNOS UNHA CHARLA INFORMATIVA. ESTIVO O XEFE DE ENFERMERÍA DO EQUIPO E, COMO SEMPRE,  VEU ACOMPAÑADO POR JOSE MANUEL, UN RECEPTOR DE DOUS ÓRGANOS QUE CONSTANTEMENTE O AGRADECE CO SEU TESTIMONIO QUE PODE AXUDAR A MOITOS A TOMAR A DECISIÓN MÁIS XENEROSA.

 

AQUÍ PODEDES CONSULTAR TODAS AS VOSAS DÚBIDAS SOBRE O TEMA: 

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=90002

 

MUSICA PARA PETOS

O pasado 29 de abril, o alumnado do 1º Ciclo de E.P. participou nun obradoiro musical con instrumentos miudos a cargo do intérprete Mauro Sanín.

A sesión consisitiu en demostrar que con instrumentos ben pequeniños, que caben nun bolso, nun peto e que se poden levar a calquera lugar, todos podemos ser músicos e aproveitar momentos libres para combatir o aburrimento.

Os instrumentos que nos ensinou foron moi variados:

-Instrumentos que nun principio non son instrumentos:cunchas,gadoupas,culleres...

-Instrumentos idiófonos: tarrañolas,castañolas,axóuxeres,campaíñas...

-Instrumentos axitadores:caxixis,maracas,ovos...

-Instrumentos infantís:mirlitón,xocalleiros infantís...

Instrumentos de vento:frautas,ocarinas,chifros...

-Instrumentos de bico:arpas de boca( birimbao e harmónicas )

-Instrumentos de lingüeta:Kalimba.

-Instrumentos de reclamo:imitadores de animais,efectos sonoros,cantos de paxaro...

-Instrumentos mecánicos:caixas musicais,xoguetes de corda...

-Instrumentos electrónicos:kaossilator,kaoss pad,teléfono móbil...

 

Pasámolo todos fenomenal!

 

  

 

Distribuir contido