Campañas

Contos a carón da lareira

Estade atentos e atentas ao blog Poemiños polas letras, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Os nosos alumnos e alumnas cóntannos uns contos a carón da lareira! Pinchade en cada imaxe do blog para escoitar o conto.

 

Campaña 13-14

MOVE A TÚA LINGUA! Porque... che sae do galego!

A lingua é  un órgano  móbil situado no interior da boca , que desempeña importantes funcións como a mastigación , a deglución , a linguaxe e o sentido do gusto.      

A lingua móvese para falar, para rir ás gargalladas, para sorrir, tamén para respirar, para comer...

Así que... Move a túa lingua! Porque se deixamos de movela, se non a usamos, podemos morrer como pobo, como cultura, como país, como persoas.

1. OUTUBRO: Imos comezar, así que o primeiro que faremos este curso para MOVER A LINGUA será un CONCURSIÑO, no que participarán os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole.   

XA TEMOS GAÑADORES!

 

 

 

Xana Rivas (5º A EP) 

Pedro Luaces (4º A ESO)

A raíz desta actividade "tiramos" por outra: A "UVI LINGÜÍSTICA", onde recolleremos palabras galegas que hai que coidar xa que desapareceron ou están a piques de desaparecer. Os "pelotonianos" pasarán polas aulas explicando como se vai levar a cabo.  

Estas son algunhas palabras que precisan coidados intensivos:

 

ABOFÉ: De verdade e de boa fe.

CHORÍN: Variante dialectal para nomear a flor da mimosa, que ten que ver coa flor do toxo, chorima.

ZALUPA: Hipo.

GARATUXA: Caricia ou carantoña.

PINCHACARNEIRO: Voltereta

ALMOFÍA: Palangana que antes había nos dormitorios.

OLIO: Esencia da fariña utilizada na gastronomía galega.

ARNELA: Praia situada entre dous montes. Xa só se emprega como topónimo.

PELOURO: A canica grande.

VEZAR: Ter algo por hábito.

AVEZAR: Ter algo por costume.

...

2. NOVEMBRO: En novembro seremos poetas! O pelotón lingüístico e os salicornianos pasarán polas aulas para explicarvos en que consistirá a actividade -ACCIÓN POÉTICA-. Participará Secundaria.  

Aquí unha foto da Acción Poética do cole:



3. DECEMBRO:  En decembro o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole buscará información sobre os nomes dos animais nun concurso titulado "O TEU FOCIÑO SÓAME". Aquí están as bases  E aquí os 50 fociños! 

4. XANEIRO. En xaneiro, COA TÚA LINGUA, O TEU NOME. Xogamos coa antroponimia e a toponimia. Participa o alumando de Secundaria.

5. FEBREIRO. Neste mes, COA TÚA LINGUA, CAMIÑA POR MIÑO. O alumnado de PDC expoñerá os seus "Miñorroteiros".

6. MARZO. MOVE A TÚA LINGUA E REGUEIFEA! O alumnado de Primaria asistirá a un taller de regueifas.

6. XUÑO: Refraneamos en galego? Participan avós e avoas e alumnado de Secundaria que traerán un refrán como entrada ao cole. Os membros do pelotón lingüístico e do Club de lectura Salicornia serán os "porteiros".

 

E TAMÉN...

-Colaboramos e participamos nas festas, días de... e celebracións de cada curso:

-Samaín

-Día da non violencia

-Nadal

-Día da Paz

-A Candeloria

-Día de Rosalía

-Entroido

-Día do libro

-Os maios

-Festa da palabra

-Día das Letras Galegas


-Publicamos a nosa revista "Dtodo"

-Somos solidarios 


-Levamos a cabo outras cousiñas:  

1. A RADIO ESCOLAR

2. Xogamos ao xadrez? Aquí tedes manuais en galego (varios niveis).

3. Aprendemos dez razóns para amar o galego

4. No día de Rosalía, Eyre e Galicia XUNTAS!!!


Campaña 12-13

"SI, POR QUE NON?"

Por que non conservamos palabras, por que non rapeamos en galego, por que non rimos en galego, por que non un bico en galego, por que non aprendemos cos avós, por que non...?


OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO XANEIRO  MARZO XUÑO
-Conserva a túa palabra -Rapeamos en galego -Rimos en galego -Douche un bico 

-Cóntoche un conto, meu?

-Refraneamos cos avós 

 

E DURANTE TODO O CURSO...

 -Por que non te animas, profe?

-Recreos con lingua  

 -Toc, toc! Hai alguén aí? TAMÉN IMOS FACENDO...
 

   

  

   

 

 

 

 

 

 

As nosas palabras en conserva

 

        
                                               

Aquí están todas as nosas palabras en conserva. Lédeas porque son preciosas. E... coidémolas!

 

 

 

Día 21 de marzo

A Primavera, o Día Mundial da Poesía e o Día da Árbore chegan da man

                                                 

 

-O 21 de marzo é o comezo da PRIMAVERA.

-Neste día no que abrolla nova vida e as plantas botan flores, hai outra gran protagonista: a ÁRBORE. O Día Forestal Mundial ou Día das Árbores conta cunha fonda tradición, dende comezos do século passado.

-E un día tan especial coma este tamén foi o escollido pola UNESCO, no ano 2000, para celebrar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

 

ESCRIBIMOS POEMAS?

 

Este día no noso cole: 

O EDLG e o Pelotón Lingüístico invítanvos a escribir algo VERDE para o día da PRIMAVERA, DAS ÁRBORES E DA POESÍA (21 de marzo).

A proposta é a seguinte:

-Para Secundaria, un poema VERDE (temática: ecoloxía, medio ambiente, a Terra ...)

-Para Primaria, un desexo VERDE (temática: ecoloxía, medio ambiente, a Terra...)

-Para Infantil, unha palabra VERDE (temática: ecoloxía, medio ambiente, a Terra...)

Todos os textos e palabras irán escritos en cor verde, a ordenador, letra TAHOMA, tamaño 14, sobre este modelo. Só tedes que escribir neles os textos dos rapaces (ou ben que os escriban eles...) e reenvialos a martin@edu.xunta.es

 

CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN PARA ADORNAR O COLE ESE BONITO DÍA!!!

 

E vaia se contamos!!! : Fotos da exposición e un poema verde.

 

Distribuir contido