Saltar navegación.
Inicio

Partido profes vs alumnos. Semana Santa

CRÓNICA DO PARTIDO DE FÚTBOL

O partido que se celebra normalmente ó final de cada trimestre entre profesores e alumnos estivo pouco igualado, e incluso se produciu algún incidente como por exemplo a caída desafortunada de Antonio (profesor lesionado durante o partido).O alumno Xaquín,tamén resultou lesionado na planta do pé dereito.

O partido resultou victorioso para os alumnos, xa que venceron ós profesores por un contundente 9-1.

A alineación dos profesores estaba constituída por: Antonio (ret. min. 5), Julián, Mariano, Sonia, Daniel, Ramón, Jose Luis e na portería Tito.

E a alineación dos alumnos foi a seguinte: Xaquín, César, Pablo, Xenaro, Cidán e na portería Circes.

Os goles marcados pola banda dos profesores: 1 gol marcado por Daniel.

Pola banda dos alumnos: 3 goles marcados por Pablo, 3 goles marcados por César, 2 goles marcados por Cidán e outro gol máis marcado por Xenaro. A arbitraxe correu a cargo de Xosé Luis Gago.

Esta derrota supuxo un duro golpe para os profesores, xa que é a súa segunda derrota neste curso. Ademáis, saíu gravemente perxudicado o profesor de tecnoloxía Daniel Pereiro,xa que apostou un baile de samba que finalmente lle toca bailar.

 Mirade como celebrou o único gol dos profes: