Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

Xubilacións no Fonte-Díaz

Informar a todo o mundo que se xubilan Tito, Paco, Julián e Loli. Son moitos anos dedicados ao noso cole, moitas xornadas acompañando ao alumnado fóra do centro, soportandonos como compañeiros, moitos esforzos deixados aquí, neste CPI que é a casa de todas e todos vós. Son xa varias as xeracións de alumnas e alumnos que os tiveron como profes. Vidas enteiras dedicadas e implicadas na docencia e na educación. Por iso se está a organizar unha homenaxe o día 26 de xuño, no Pazo de Adrán, en Teo. Estades todas e todos convidados a asistir e así lle dar unha aperta, que non despedida, á vosa e aos vosos profes, compañeiros, amigos.... Quen queira asistir pode chamar ao noso centro para ter máis información e apuntarse. Vémonos alí!

RAFTING...

 

O próximo mércores, día 4 de maio, os alumnos de 4º da E.S.O. irán prácticar rafting nas augas do Ulla. A expedición partirá de terras tourenses cara o caudal do mesmo pola mañán ben cedo, buscando as augas bravas do río galego. Unha vez cheguen alí decataranse do fermoso que é o lugar ademáis de disfrutar dunha magnífica e agotadora xornada deportiva. Os alumnos non irán sós, senón que irán acompañados pola profesora de educación fisica do centro, Sonia, posto que foi ela quen organizou a saída.

Visita a Riazor...

 

Un grupo de aproximadamente 50 persoas do colexio de Touro acudirán desde Touro ata Riazor a presenciar o partido que disputarán o Real Club Deportivo da Coruña contra o Real Racing de Santander. Este encontro disputarase o próximo domingo as 5 da tarde no escenario propiamente dito anteriormente.

 

O autobus sairá do concello ás 3 da tarde do domingo camiño a Coruña. Os rapaces irán acompañados por persoal do concello e polo alcalde da localidade. Regresarán arredor das 8 da noite. A este viaxe foi invitado o concello de Touro por cortesía do Deportivo un xesto que se lle agradece. Nós como recompensa animaremos o Depor para entre todos lograr a ansiada permanencia.

Excursión O Courel 2009

 

Ola, estamos aquí de novo Alex e Rubén, para contarvos e ensinarvos a nosa excursión ao Courel

A saída foi o día 22 de Outubro, ás 9:30 da mañá.

Saímos dende dende a rotonda de O pino, onde os de o autobús nos recolleu, para partir a viaxe.

No autobús acompañábannos os rapaces do Instituto de Rois, e Valga.

Ao levar uns 30 minutos de percorrido, paramos a facer un descansiño para "Almorzar" nunha cafetería de Curtis.

Despois de 2horas de longo recorrido, chegamos as terras de Pedrafita do Cebreiro, onde fixemos unha parada para cambiarnos de roupa, xa que de contado, iamos a visitar as Covas do Courel.

Xa chegado co autobús ata o sitio máis próximo as mesmas, comezamos a poñernos dacordo, para entrar nelas.

A nós, os de Touro tocounos entrar de últimos, polo cal tivemos que esperar ata que os outros 2 grupos chegaran.

Durante a espera, deran as dúas da tarde, e sen sitio para comer, "invadimos" unha casa abandonada, para xantar.

Logo de esperar ata as 5 da tarde, dirixímonos as covas, nás que ainda tivemos que esperar outra hora máis, xa que o grupo que anteriormente estaba aínda non saíra.

Cando nos chegou o momento de entrar, e despois de ver que os do outro grupo estaban abraiados, e cheos de "lama" jaja, dirixímonos a toda presa cara a entrada, o cal sorprendeu a casi todo o grupo, xa que a para entrar había un sitio moi pequeno no cal, abría que abaixarse.

Unha vez dentro, comezaronnos a explicar as partes da Cova por dentro.

Na cova había un rio que desembocaba na entrada, polo cal seguimos o seu curso para adentrarnos.

Logo de "camiñar-arrastrarnos", chegamos ata unha sala, a cal era a máis grande da cova, onde poidemos observar "estalagtitas" e "estalagmitas".

Xa chegado ao fin da cova, puidemos ver un lago subterráneo que superaba os 15m de profundidade.

Unha vez xa fóra da cova, e todos "enlamados" comezamos  a sacar fotos, as cales despois subiremos xunto cas paisaxes do courel.

Chegada a noite, dirixímonos a durmir aos "bungalows" onde nós, os alumnos, pasamos toda noite sen durmir.

Ao día seguinte, levantámonos as 8:30 da mañá, para almorzar, e logo dirixímonos a facer sendeirismo en " Quiroga ", onde visitamos un museo da fauna e flora do lugar.

Logo visitamos a casa de Uxío Novoneyra.

Despois de unha longa mañá de visitas, xa chegada a hora de comer, decidimos emprender a viaxe de volta, parando a comer nun "bar" de Pedrafita do Cebreiro.

E así despois de moitos kilómetros de autobús de volta, chegamos polas 18:30 da tarde.

E así rematou a nosa excursión ao Courel.

Para rematar, contámosvos que Alexandro, ao chegar a casa, tivo que marchar para adestrar logo de non durmir nada o día anterior, e eu(Rubén) , tiven que marchar a traballar a Dona Dana! jaja

 

Escursión ó Courel

 Este Xoves día 22 e Venres día 23 os alumnos de 4º da ESO irán ó Courel
  

Wateke de antroido

Adíanta o antroido participando no wateke

Wuateke de Touro

Xoves 1 de Maio,

a partir das 18:30 

wuateke de Touro, en Dona Dana.

 Esperamosvos a todos, no podedes faltar!!

Partido profes vs alumnos. Semana Santa

CRÓNICA DO PARTIDO DE FÚTBOL

O partido que se celebra normalmente ó final de cada trimestre entre profesores e alumnos estivo pouco igualado, e incluso se produciu algún incidente como por exemplo a caída desafortunada de Antonio (profesor lesionado durante o partido).O alumno Xaquín,tamén resultou lesionado na planta do pé dereito.

O partido resultou victorioso para os alumnos, xa que venceron ós profesores por un contundente 9-1.

A alineación dos profesores estaba constituída por: Antonio (ret. min. 5), Julián, Mariano, Sonia, Daniel, Ramón, Jose Luis e na portería Tito.

E a alineación dos alumnos foi a seguinte: Xaquín, César, Pablo, Xenaro, Cidán e na portería Circes.

Os goles marcados pola banda dos profesores: 1 gol marcado por Daniel.

Pola banda dos alumnos: 3 goles marcados por Pablo, 3 goles marcados por César, 2 goles marcados por Cidán e outro gol máis marcado por Xenaro. A arbitraxe correu a cargo de Xosé Luis Gago.

Esta derrota supuxo un duro golpe para os profesores, xa que é a súa segunda derrota neste curso. Ademáis, saíu gravemente perxudicado o profesor de tecnoloxía Daniel Pereiro,xa que apostou un baile de samba que finalmente lle toca bailar.

 Mirade como celebrou o único gol dos profes:

 

Crónica do partido de futbol entre profesores e alumnos

O partido de fútbol que tivo lugar en Touro entre profesores e alumnos estivo moi disputado, ainda que, como é lóxico, gañaron os alumnos, cun marcador de 6-4 a favor dos alumnos que puido ser maior se non fose por algúns fallos cometidos polos propios xogadores aínda que tamén polo sistema de arbitraxe.    

  A alineación do equipo dos alumnos, ou o equipo dos gañadores, estaba formada por: Xaquín,Daniel,   Pablo, César, Diego, Rubén. E no banquiño Eloy.

A alineación do equipo dos profesores, ou o equipo dos perdedores, foi a seguinte: Daniel, Mariano, Sonia, Natasha, Paco, José Luis e   Tito.

A arbitraxe estivo en clara desventaxa, a favor do profesorado. Ar bitrando encontrábase: Tomás (pola banda esquerda) e Juan (pola banda dereita).

 

ENTREVISTA: A XAQUIN ALFONSO SOUTO DE 4º A por   Néstor de 4º A     

A única frase que nos dixo o xogador, e creo que está bastante clara para os profesores é a seguinte:

-"Cando queirades, A REVANCHA!!!!!!!!!!!!!! "

 

Se queredes ver unhas fotos do partido picade aquí.

Ata outra amigos!!!!

No seguinte video, uns instantes do partido.

 

 

Distribuir contido