Saltar navegación.
Inicio

Excursión O Courel 2009

 

Ola, estamos aquí de novo Alex e Rubén, para contarvos e ensinarvos a nosa excursión ao Courel

A saída foi o día 22 de Outubro, ás 9:30 da mañá.

Saímos dende dende a rotonda de O pino, onde os de o autobús nos recolleu, para partir a viaxe.

No autobús acompañábannos os rapaces do Instituto de Rois, e Valga.

Ao levar uns 30 minutos de percorrido, paramos a facer un descansiño para "Almorzar" nunha cafetería de Curtis.

Despois de 2horas de longo recorrido, chegamos as terras de Pedrafita do Cebreiro, onde fixemos unha parada para cambiarnos de roupa, xa que de contado, iamos a visitar as Covas do Courel.

Xa chegado co autobús ata o sitio máis próximo as mesmas, comezamos a poñernos dacordo, para entrar nelas.

A nós, os de Touro tocounos entrar de últimos, polo cal tivemos que esperar ata que os outros 2 grupos chegaran.

Durante a espera, deran as dúas da tarde, e sen sitio para comer, "invadimos" unha casa abandonada, para xantar.

Logo de esperar ata as 5 da tarde, dirixímonos as covas, nás que ainda tivemos que esperar outra hora máis, xa que o grupo que anteriormente estaba aínda non saíra.

Cando nos chegou o momento de entrar, e despois de ver que os do outro grupo estaban abraiados, e cheos de "lama" jaja, dirixímonos a toda presa cara a entrada, o cal sorprendeu a casi todo o grupo, xa que a para entrar había un sitio moi pequeno no cal, abría que abaixarse.

Unha vez dentro, comezaronnos a explicar as partes da Cova por dentro.

Na cova había un rio que desembocaba na entrada, polo cal seguimos o seu curso para adentrarnos.

Logo de "camiñar-arrastrarnos", chegamos ata unha sala, a cal era a máis grande da cova, onde poidemos observar "estalagtitas" e "estalagmitas".

Xa chegado ao fin da cova, puidemos ver un lago subterráneo que superaba os 15m de profundidade.

Unha vez xa fóra da cova, e todos "enlamados" comezamos  a sacar fotos, as cales despois subiremos xunto cas paisaxes do courel.

Chegada a noite, dirixímonos a durmir aos "bungalows" onde nós, os alumnos, pasamos toda noite sen durmir.

Ao día seguinte, levantámonos as 8:30 da mañá, para almorzar, e logo dirixímonos a facer sendeirismo en " Quiroga ", onde visitamos un museo da fauna e flora do lugar.

Logo visitamos a casa de Uxío Novoneyra.

Despois de unha longa mañá de visitas, xa chegada a hora de comer, decidimos emprender a viaxe de volta, parando a comer nun "bar" de Pedrafita do Cebreiro.

E así despois de moitos kilómetros de autobús de volta, chegamos polas 18:30 da tarde.

E así rematou a nosa excursión ao Courel.

Para rematar, contámosvos que Alexandro, ao chegar a casa, tivo que marchar para adestrar logo de non durmir nada o día anterior, e eu(Rubén) , tiven que marchar a traballar a Dona Dana! jaja