Saltar navegación.
Inicio

Xubilacións no Fonte-Díaz

Informar a todo o mundo que se xubilan Tito, Paco, Julián e Loli. Son moitos anos dedicados ao noso cole, moitas xornadas acompañando ao alumnado fóra do centro, soportandonos como compañeiros, moitos esforzos deixados aquí, neste CPI que é a casa de todas e todos vós. Son xa varias as xeracións de alumnas e alumnos que os tiveron como profes. Vidas enteiras dedicadas e implicadas na docencia e na educación. Por iso se está a organizar unha homenaxe o día 26 de xuño, no Pazo de Adrán, en Teo. Estades todas e todos convidados a asistir e así lle dar unha aperta, que non despedida, á vosa e aos vosos profes, compañeiros, amigos.... Quen queira asistir pode chamar ao noso centro para ter máis información e apuntarse. Vémonos alí!