Pendentes 2023/24

 

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES

MAIO 2024

 

 

 

 

Martes 21

 

 

Mércores 22

 

Xoves 23

 

Venres 24

 

 

FÍSICA E QUÍMICA

 

 BIOLOXÍA

LINGUA GALEGA

 

Luns 27

 

Martes 28

 

Mércores 29

 

Xoves 30

 

Venres 31

 

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

 

INGLÉS

 

MATEMÁTICAS

 

 

PARA REALIZAR XESTIÓNS NO NOSO CENTRO TEÑEN QUE SOLICITAR CITA PREVIA.

As horas de atención ao público serán, para non coincidir coa entrada do alumnado nin cos recreos, de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00. 

Por mor do benestar do noso alumnado, lles recordamos que solicitan cita previa.

Barco de dragóns

Baixo ese nome o alumnado de ESO participou en Lugo nunha actividade de iniciación ao piragüismo e paseo polo Miño no drakar.

Ezequiel Mosquera nos visita

O exciclista Ezequiel Mosquera impulsou, a reaparición dunha volta ciclista profesioal a Galicia despois de dúas décadas de ausencia e denominada O GRAN CAMIÑO.

 

Un dos mellores ciclistas galegos de tódolos tempos, visitou o noso centro e falounos dese gran proxecto e hoxe realidade exitosa "O GRAN CAMIÑO", ao tempo falou dos valores do deporte.

 

Invitándonos a facer máis exercicio e dedicarlle menos tempo ás redes sociais.

 

   

 

 

A vida é corta e fumar a acurta

A vida é corta e fumar a acurta, foi o título da interesante conferencia que,  celebramos o día 21 de marzo, destinada á prevención desta práctica tan nociva como adictiva.

O fume do tabaco contén moitos produtos químicos que son nocivos tanto para fumadores como para non fumadores.

Respirar só un pouco de fume de tabaco pode ser prexudicial.

Dos máis de 7.000 produtos químicos presentes no fume do tabaco, sábese que polo menos 250 son nocivos.

Das 250 substancias nocivas coñecidas no fume do tabaco, polo menos 69 poden causar cancro.

O número de mortes imputables en España por mor do tabaco elévase a unhas 63.000 cada ano.



 

 

14 de marzo. Día do número PI.

O 14 de marzo celébrase o Día do Número Pi, unha data para celebrar a existencia dunha constante matemática, que foi moi significativa ao longo da historia.

Enténdese por número Pi o número que se obtén dividindo a lonxitude dun círculo polo seu diámetro.

Dado que Pi é un número infinito, é imposible calcular a área exacta do círculo.

O número Pí ten funcións infinitas nas nosas vidas, xa que se aplica ao mundo de Internet, ao ordenador, ao teléfono móbil e mesmo aos sinais GPS.

 
   

As 169 primeiras cifras decimais do número Pí adornaron a entrada do edificio de Secundaria. Bo traballo!!

 

XXV edición da Olimpíada Galega de Matemáticas

O xoves 25 de abril comezou a Fase Zonal da Olimpíada Matemática, que se celebrou de forma simultánea nas sete cidades galegas.

 

O Salón de Columnas do Círculo das Artes de Lugo acolleu a celebración da XXV edición da Olimpíada Galega de Matemáticas, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática Agapema.

 

As alumnas de segundo da ESO, Carla Saa e Uxía Vázquez representaron ao CPI San Tomé do Carballo, nunha proba que consistiu en resolver cinco problemas.

 

Os finalistas seleccionados na fase de zona asistirán á Fase Final Galega, que terá lugar o xoves 23 de maio, tamén no Círculo das Artes, onde estudantes de toda Galicia reuniranse, e dos que só tres chegarán á final española, que se celebrará en Estremadura no mes de xuño.

 

 

Menú maio 2024

Menú mes de maio de 2024

 

 

 

Fai clic no seguinte enlace menú maio 2024

#Nohayexcusa

No ano 2023 a ONU puxo en marcha a campaña Non hai escusa! para promover o investimento en prevención e insta á mobilización e á solidariedade coas defensoras dos dereitos das mulleres, para conseguir un mundo libre e seguro para todas as mulleres e nenas.

No CPI San Tomé non quixemos deixar a oportunidade de aproveitar esta data para concienciar ao noso alumnado do gran problema da violencia de xénero, e realizamos unha morea de actividades que remataron na praza Riazón en entre as que destacamos:

Creación dunha gran cadea para que cada un/unha poidese rompela

Visita á Casa da Cultura para vela exposición, organizada polo Concello de Taboada, de cartaces e cadros que sobre esta temática presentaron diversos autores galegos

Lectura dun manifesto

Flashmob a cargo de alumnado de ESO

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet