Almorzos saudables

Conscientes da importancia de fomentar hábitos de consumo saúdables, dende hai anos vimos participando en diversas iniciativas como o" Plan de consumo de froitas nas escolas" patrocinado polo FOGGA, ou o programa "O sabor da aventura está no mar", durante iste curso mantemos o programa implantado no curso 2012/2013 que consiste en proporcionar ao noso alumnado non só durante catro semanas senón durante todo o curso a posibilidade de tomar froita fresca durante o tempo de lecer da mañá.

O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar no noso centro o hábito de consumo de froitas. Optamos por solicitar a modalidade de fomento do consumo de froitas.

O programa vese reforzado por outras actividades como o programa de almorzos saudables dirixido ao alumnado de primeiro ciclo de primaria co que se desenvolve unha unidade didáctica que remata con dúas sesións que se desenvolven no comedor e no que poñen en práctica todo o aprendido.

Powered by Drupal - Design by artinet