Orientacións

 

Como podemos axudar aos nosos fillos e fillas

para lograr un mellor éxito escolar.

 

  • Preocuparse diariamente polas actividades escolares, dialogando con el/ela sobre as dificultades que poida atopar.

  • Escoitar o que nos conta, os problemas que ten, tratando de comprendelo/a poñéndonos no seu lugar. Antes de censuralo/a ou rifarlle, dicirlle máis ben: "comprendo o que che pasa, o que fixeches non está ben, pero seguramente non o puideches evitar nese momento, trataremos de axudarche para que as cousas vaian mellor... "

  • Valorar o traballo do neno ou nena cando ten éxito, e non só chamarlle a atención cando fracasa. En xeral é mellor recoñecer sempre o positivo e ignorar, cando non sexan importantes, aspectos negativos.

  • Non facer que se sinta inútil, especialmente diante doutras persoas. Se hai que chamarlle a atención, facelo en privado. Recriminarlle o que está mal en concreto, non xeneralizar, como por exemplo tender a dicirlle sempre "es un... ".

  • Non facer comparacións con irmáns, veciños ou compañeiros, nin para ben nin para mal.

  • Evitar comentarios negativos sobre o profesorado ante o fillo/a, porque coa perda de consideración e respecto do profesor/a o máis danado é o alumno/a (vai aproveitar moi pouco dese profesor/a).

  • Manter contacto regular co profesorado para que informe da súa marcha académica, ou se presenta algún problema, para tratar de solucionalo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet