#Nohayexcusa

No ano 2023 a ONU puxo en marcha a campaña Non hai escusa! para promover o investimento en prevención e insta á mobilización e á solidariedade coas defensoras dos dereitos das mulleres, para conseguir un mundo libre e seguro para todas as mulleres e nenas.

No CPI San Tomé non quixemos deixar a oportunidade de aproveitar esta data para concienciar ao noso alumnado do gran problema da violencia de xénero, e realizamos unha morea de actividades que remataron na praza Riazón en entre as que destacamos:

Creación dunha gran cadea para que cada un/unha poidese rompela

Visita á Casa da Cultura para vela exposición, organizada polo Concello de Taboada, de cartaces e cadros que sobre esta temática presentaron diversos autores galegos

Lectura dun manifesto

Flashmob a cargo de alumnado de ESO

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet