Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Plan Proxecta 2021/22. Correspondentes xuvenís

Síguenos nas redes sociais:

      


    

Solicitamos participar por vez primeira no programa Correspondentes xuvenís, cuxos obxectivos son:

-Desenvolvemento da iniciativa e do espíritu emprendedor, moi importante no noso alumnado de idades moi variadas e cunha orientación maioritaria cara ao mundo laboral.

-Fomento da participación do alumnado e do voluntariado.

-Habilidades comunicativas: atopar, seleccionar e crear información.

-Desenvolvemento do pensamento crítico, ser quen de seleccionar para os seus compañeiros e compañeiras a información máis relevante.

-Habilidade para traballar en equipo e para a resolución de conflictos e a mediación.

-Dinamización de centro escolar, crear unha rede de comunicación efectiva co alumnado presente, pasado que ao tempo serva como presentación para futuro alumnado.

-Mellora do clima do centro, a través da interconexión de rapaces pertencentes a diferentes niveis educativos e diferentes modalidades de ensinanza: distancia, semipresencial, adultos, alfabetización e do profesorado.

Para máis información e beneficios do programa, descarga este pdf: Correspondentes xuvenís

 



blog | by Dr. Radut