Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Cambio data exame final ESAD

Entrega premios III Certame Literario Loureiro

O pasado venres 10 de Maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios do III Certame Literario Loureiro organizado, un ano máis, pola Asociación Veciñal Loureiro do Couto e no que participa o alumnado dos centros escolares do barrio (IES O Couto, CEIP O Couto, Colexio Santo Ángel e EPAPU Ourense).

 

Como en anos anteriores alí estivemos, acompañando ao noso alumnado gañador e agradecendo o labor da asociación de veciños Loureiro. Nesta ocasión resultaron recoñecidos catro dos nosos alumnas e alumnos:

  • Begoña Acebedo Carpintero gañadora na categoría de Bacharelato.
  • José Luís Iglesias Pequeño gañador na categoría de 3°- 4° ESO.
  • Paula Hernández García finalista da categoría de Bacharelato.
  • Massiel Mejías finalista da categoría de 3°- 4° ESO.

Noraboa aos premiados!!!  Moi orgullosos!!!

 

Segundo de Bacharelato: Exames finais convocatoria de maio

Xa tedes dispoñible o calendario de exames finais de maio de 2º de Bacharelato.
 
Preme na imaxe para descargar o pdf
 

Día Internacional do Libro 23 de abril

Moita participación nesta fermosa actividade organizada polo equipo de dinamización da lingua da EPAPU Ourense para conmemorar mañá o día internacional do libro. 

Moitas grazas a todas e todos os participantes por compartir con todos nós as súas experiencias e recomendacións literarias que, ben seguro, nos levarán a descubrir novas historias fantásticas nos libros.

 

 

 

23 de abril: día do libro

O equipo de dinamización da lingua galega da Epapu convídanos a celebrar o vindeiro día do libro compartindo con toda a comunidade da escola o nome dese libro que nos atrapou, que non poidemos parar de ler ata a derradeira páxina. Anímaste a contarnos cousiñas sobre o teu libro favorito...

 

Nova edición dos cursos de Capacitación Dixital

A partires do mes de maio poderedes realizar na nosa escola un curso de capacitación dixital de 30 horas de duración totalmente gratuíto e obter o certificado oficial correspondente. Se premes na imaxe descargarás o díptico informativo en pdf con toda a información sobre horarios e contidos.

Podes matricularte presencialmente na EPA de Ourense ou ben cubrindo e envíando o seguinte formulario

O prazo de inscrición iníciase a volta das vacacións de semana santa, o 2 de abril e esténdese todo o mes ata o 30 de abril.

 

Visita Ourense medieval e claustro San Francisco

Que emocionante foi a visita didáctica ao Claustro de San Francisco e ao encantador Ourense medieval! 

 

O alumnado da quenda de mañá da ESA do noso centro mergullouse na historia da nosa cidade, descubrindo os segredos e a beleza que nos rodean. Unha experiencia educativa inesquecible que nos enche de orgullo!

Convocatoria de bolsas para estudantes de bacharelato curso 2024/25

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou a Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato no caso do noso alumnado)
Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.
Procedemento exclusivamente telemático por parte do interesado a través da Sede Electrónica do MEFP:

Opcións alumnado 2º Bacharelato con pendentes

Fai clic na imaxe para descargar o arquivo en pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut