Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Extraescolares

Teatro: Os vellos non deben de namorarse

Este xoves 14 de marzo o Teatro Principal de Ourense quedouse pequeno para acoller a toda a familia da EPAPU  que asistimos á representación da obra de Castelao "Os vellos non deben de namorarse".

Foi un día de festa e diversión grazas á compañía teatral As Silvardeiras. Para o ano a seguir apoiando a cultura. Deixámosvos unha pequena escolma de fotos do evento.

 

   
   

O xoves 14 imos ao teatro

O día 14 EPAPU vai de teatro. Todo o alumnado está moi ilusionado por ir ao Teatro Principal. As entradas están agotadas. A compañía As Silvardeiras vai representar "Os vellos non deben de namorarse" dirixidas por Ánxeles Álvarez.

 

O martes, día 12, a directora da obra veu ao centro para falarnos de Castelao, o autor, e do significado da obra de teatro. Deu unha charla á mañá e outra á tarde. As dúas charlas estiveron moi concorridas e foron interesantisimas. Agradecemos a Ánxeles por ilustrarnos tanto sobre Castelao e a súa capacidade artística. Todos estamos desexando ver a obra que será un éxito.

 

 

Obra de teatro: Os vellos non deben de namorarse

O vindeiro xoves 14 de marzo ás 20:00 horas no Teatro Principal de Ourense, todo o noso alumnado poderá asistir gratuitamente a representación da obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse", un clásico do teatro galego de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, adaptado pola Agrupación Teatral SILVARDEIRAS de Allariz.

Se estades interesados en acudir, poñédevos en contacto co voso titor/a para inscribirvos antes do venres 8 de marzo.

Colabora coa operación quilo: O soño do compromiso

A nosa escola tamén colabora coa Operación Quilo; campaña que, coma tódolos Nadais, organiza a asociación Amencer contando coa colaboración de Cáritas. No andar da planta baixa está instalado un colector onde poderás deixar as túas aportacións: roupa, xoguetes... así como informarte das outras posibilidades de colaboración coa campaña: achega de donativos por Bizum, aghega económica nos locais da  asociación ou mediante transferencia á conta de Amencer, envío compra dende o super ao local da asociación directamente...

Campaña Nadal 2023: Recollida de alimentos e xoguetes

Ao igual que en anos anteriores nestas datas, o noso centro participa na Campaña de Nadal 2023 "Recollida de alimentos e de xoguetes", organizada por Protección Civil e o Concello de Ourense contando coa colaboración do Banco de Alimentos. Esta actividade solidaria pretende recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes para repartir entre os segmentos da poboación máis necesitados.

Podes aportar a túa contribución na caixa de recollida situada enfronte da entrada da nosa escola ou ben en calquera lugar identificado coa imaxe da campaña. Tamén hai un teléfono habilitado para que o persoal da campaña pase a recoller as doazóns: o 616.908.507.

Excursión alumnado de EBIS e Español á Ribeira Sacra e Castro Caldelas

Este xoves 15 de xuño amenceu un radiante e solleiro día, fantástico para que o alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais e de Español para estranxeiros, acompañados dos seus profesores, se dirixiran cara a Ribeira Sacra para embarcar no catamarán turístico e navegar polo fermoso canón do Sil. 

Tralo percorrido encamiñáronse cara a vila de Castro Caldelas onde, tras repor enerxías e pasear polo seu casco antigo, visitaron o seu Castelo. Un día de convivencia para rematar o ano académico.

O noso compañeiro Santiago enviounos estas fotografías para darnos algo de envexa...

 

   
   
   

Entrega de premios X Concurso "Falando de Solidariedade" en Xunqueira de Ámbía

Hoxe 26 de maio, ás 17:00 horas, na colexiata de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía celebrarase o acto de entrega de premios do X Concurso de debuxo, conto e relato "Falando de Solidariedade".

  

Felicitamos aos nosos alumnos e alumnas que resultaron premiados: Sonia Justo Domínguez e Brais Cid Vázquez de 4º ESAD e Begoña Acebedo Carpintero do primeiro curso de Bacharelato. 

Certame Literario Loureiro

O pasado venres día 12 de maio, asistimos á entrega de premios do 2º Certame Literario Loureiro organizado pola asociacion veciñal Loureiro do Couto e no que participou o noso centro, xunto con outros centros do barrio (IES O Couto e Colexio Santo Ángel).

 

Unha das nosas alumnas do primeiro curso de bacharelato, Yina Rodrigues Antunes, resultou gañadora  do 1º premio na categoría de bacharelato co seu relato "Coida de Marta".  Parabéns Yina!!!

 

 

Entrega premios Certame Literario Loureiro

O vindeiro venres 12 de Maio ás 20:00 horas, no local da Asociación Loureiro do Couto terá lugar a cerimonia de entrega de premios do II Certame Literario Loureiro organizado un ano máis pola Asociación Veciñal Loureiro do Couto e no que participa o alumnado dos centros escolares do barrio (IES O Couto, Colexio Santo Ángel e EPAPU Ourense).

Alí estaremos acompañando á nosa alumna Yina Rodrígues Antúnes que será premiada na categoría correspondente a Bacharelato. Noraboa!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut