Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Extraescolares

X Certame Literario ¨Falando de Solidariedade"

Anímate a participar no X Certame literario '"FALANDO DE SOLARIEDADE" organizado como cada ano polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en colaboracion con outros centros escolares e concellos e que sirve para renderlle homenaxe a Celtia e Eva, mozas falecidas no ano 2013 no accidente do Tren Alvia de Santiago de Compostela.

Este ano a temática é: "Historias de superación en situacións de adversidade". Poderás participar na categoría de adultos cun relato, video, ou poema ...que traten algún exemplo de superación (enfermidade, adicción, perda dun ser querido...)

Consulta as bases e os premios neste enlace e anímate a participar. Contamos cos teus traballos que se deben entregar ao profesorado de lingua galega ou castelá antes do 17 de maio.

 

ACTO GRADUACIÓN FINAL DE CURSO


 

 

Recital Poético no Centro Cultural Marcos Valcárcel

O vindeiro venres 24 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires das 19:30, colaboramos na organización deste marabilloso recital poético coordinado por Avelino Jácome e presentado por Marina Sánchez no que poderemos deleitarnos coa poesía de Fina Cruz, Olga Nóvoa, Piedad Valencia, María Victoria e Armando González.

Agardámoste o próximo venres!!!

Noite de teatro no Principal co noso alumnado

Este xoves 23 de febreiro todo o noso alumnado estaba convidado a asistir a representación da obra teatral "O soño dos vagalumes" a cargo do grupo de teatro de nais/pais da Universidade Laboral de Ourense. Unha obra creada por Ángeles Álvarez partindo do libro "As marías de Santiago" da autora Áurea Sánchez e na que se nos conta a historia de María e Coralia Fandiño Ricart.

A partires das 19:30 alumnado, profesorado e acompañantes fómonos achegando ata o Teatro Principal ata case ateigar o seu aforo. As máis de vinte persoas que integran este grupo fixéronnos desfrutar e permitiron que o noso alumnado se achege ao mundo do teatro. 

A continuación podedes ver unha pequena escolma de fotografías feitas polo noso compañeiro Santiago.

   
   
   

Colabora coa operación quilo. Facemos Nadal.

A nosa escola tamén colabora coa Operación Quilo; campaña que, como tódolos Nadais, organiza a asociación Amencer contando coa colaboración de Cáritas. No pasillo da planta baixa está instalado un colector onde poderás deixar as túas aportacións: roupa, xoguetes... así como informarte das outras posibilidades de colaboración coa campaña: achega de donativos por Bizum, aghega económica nos locais da  asociación ou mediante transferencia á conta de Amencer, envío compra dende o super ao local da asociación directamente...

 

Campaña Nadal 2022: Recollida de alimentos e xoguetes

Ao igual que en anos anteriores nestas datas, o noso centro participa na Campaña de Nadal 2022 "Recollida de alimentos e de xoguetes", organizada por Protección Civil e o Concello de Ourense contando coa colaboración do Banco de Alimentos. Esta actividade solidaria pretende recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes para repartir entre os segmentos da poboación máis necesitados.

 

Podes aportar a túa contribución na caixa de recollida situada enfronte da entrada da nosa escola ou ben en calquera lugar identificado coa imaxe da campaña. Tamén hai un teléfono habilitado para que o persoal da campaña pase a recoller as doazóns: o 616.908.507.

GRADUACIÓN 4º ESO ESAD CURSO 21-22

Ola!

Antes de nada, moitísimas grazas pola vosa participación. O interese que demostrades fai que nos esforcemos ao máximo para darvos a mellor das GRADUACIÓNS.
Merecédela!

Para ter un control do aforo necesitamos que cubrades o seguinte formulario: ENLACE FORMULARIO


LEMBRADE: MÁXIMO DOUS ASISTENTES.
Por favor, facédeo CANTO ANTES. Necesitamos organizar os grupos.

A celebración terá lugar previsiblemente no noso centro o xoves 9 de xuño en dúas quendas.
Mañá: 11.00h
Tarde: 17.00h

Informaremos de calquera posible cambio na nosa páxina web.

Ímosvos organizar na quenda que vos toque segundo o voso curso.
No caso de que teñades algún problema para ir nesa quenda, deixade constancia nas suxestións e xa nos poñemos en contacto convosco.

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A LUGO

O vindeiro 15 de Xuño programamos unha excursión a Lugo para o alumnado de primeiro e segundo  curso de Bacharelato, preferentemente, pero aberta ao resto do alumnado da EPAPU Ourense. No seguinte cartaz tes máis información. Para anotarte debes cubrir o antes posible o seguinte formulario de google cos teus datos (fai clic aquí), tamén podes acceder a el escaneando o código QR. Anímate!!!

GRUPO DE TEATRO DA EPAPU

Anímate e participa

Necesitamos actores, actrices, directores/as de escea, maquilladores/as, guionistas, especialistas de video, estilistas...     

  Acude á aula 1.4 os xoves de 16:00 a 16:50

Distribuir contido


by Dr. Radut