Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Colabora coa operación quilo: O soño do compromiso

A nosa escola tamén colabora coa Operación Quilo; campaña que, coma tódolos Nadais, organiza a asociación Amencer contando coa colaboración de Cáritas. No andar da planta baixa está instalado un colector onde poderás deixar as túas aportacións: roupa, xoguetes... así como informarte das outras posibilidades de colaboración coa campaña: achega de donativos por Bizum, aghega económica nos locais da  asociación ou mediante transferencia á conta de Amencer, envío compra dende o super ao local da asociación directamente...

25-N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Este venres 24, como colofón ás distintas activades que realizamos na EPAPU Ourense, os alumnos da quenda de noite da ESA acompañados dos seus profesores recitaron unha escolma de poemas contra a violencia de xénero e visualizaron un video sobre o tema. Un sinxelo pero emotivo acto de lembranza e homenaxe ás vítimas da violencia de xénero.

Engadimos dous audíos dos poemas recitados polas alumnas Claudia Oviedo e Elisabeth Vivas, ambas de terceiro da ESA. Paga a pena escoitalos con atención:

           Poema Elisabeth                                   Poema Claudia             

 

 

 

 

 

 

 

Terceira edición do Certame literario Loureiro: Aconteceu no Couto

Animate a participar na terceira edición do Certame literario Loureiro: Aconteuceu no barrio do Couto. Poderás gañar un bono de 50 euros e un lote de libros.

Trátase dunha actividade promovida pola Asociación de Veciños Loureiro en colaboración coa EPAPU Ourense, o IES O Couto, o CEIP O Couto e o Colexio Santo Ángel. Os relatos deben estar redactados en galego, ter unha extensión mínima dun folio e máxima de cinco e, o máis importante, estar ambientados no barrio do Couto. Calquera dúbida pódecha aclarar o teu profesorado.

 

Campaña Nadal 2023: Recollida de alimentos e xoguetes

Ao igual que en anos anteriores nestas datas, o noso centro participa na Campaña de Nadal 2023 "Recollida de alimentos e de xoguetes", organizada por Protección Civil e o Concello de Ourense contando coa colaboración do Banco de Alimentos. Esta actividade solidaria pretende recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes para repartir entre os segmentos da poboación máis necesitados.

Podes aportar a túa contribución na caixa de recollida situada enfronte da entrada da nosa escola ou ben en calquera lugar identificado coa imaxe da campaña. Tamén hai un teléfono habilitado para que o persoal da campaña pase a recoller as doazóns: o 616.908.507.

Visita á exposición "Ourense. Anos 20"

O venres pasado, o alumnado da ESA da quenda de noite acompañado dos seus profesores Rosa M., Alfredo e Rosa C. visitaron a exposición "Ourense. Anos 20" no centro municipal José Ángel Valente. Organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense nela preténdese dar a coñecer a realidade sociocultural da nosa provincia durante a década de 1920 a través dunha serie de 40 fotografías da época.

 

Na exposición recóllense instantáneas de feitos históricos como a visita de Primo de Rivera e dos reis  á  cidade, imaxes rurais, etnográficas, etc. A visita planificouse de xeito interdisciplinar. O profesorado acompañante fixo unha introdución sobre a época dos anos 20 e tamén sobre a historia dos autores das fotografías, os fotógrafos  Pacheco, Villar e Schreck, despois o alumnado tivo que resolver, mentres observaba as imaxes e atendía ás explicacións dos docentes, un cuestionario de preguntas de historia e da vida cotiá reflectidas nas fotografias. Incluso se lles plantexou un xogo de atención a xeito de concurso cuxos acertantes entrarán nun concurso que se efectuará no Centro e cuxo gañador/a levará un obsequio.  

 

O alumnado disfrutou moito da visita e puxo un enorme interese facendo numerosas preguntas e observando detidamente cada imaxe.

Foi unha proposta educativa fóra das aulas moi motivadora.

25-N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Na EPAPU Ourense continuamos realizando diferentes actividades para conmemorar o vindeiro 25 de novembro. Así, aos marcapáxinas ilustrados sumámoslle as follas reivindicativas nas que os teus mellores desexos poderán quedar expostos no taboleiro do corredor principal.

                                   

 

 

 

 

Xoves 16 de novembro: Día Mundial da Filosofía

Ao longo desta semana conmemoramos o día mundial da filosofía que se celebra o 16 de novembro colocando nas nosas lapelas estas orixinais chapas con citas filosóficas célebres. Xenial idea de Begoña, noraboa!!!

E a ti cal che tocou?

          

 

25-N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Dende a EPAPU Ourense este 25-N, día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, queremos aportar o noso gran de area na loita contra a violencia de xénero. 

Animámosvos a que deseñedes un marcapáxinas ilustrado cun lema en galego seguindo o modelo que atoparedes na conserxería do centro. Utilizarémolos na biblioteca do centro para darlle visibilidade.

 

Calendario exames bacharelato 1ª Avaliación

Xa dispoñible para a vosa consulta o calendario de exames de Bacharelato da primeira avaliación. As probas realizaranse desde o luns 20 ao xoves 23 de novembro.

 Fai clic sobre as imaxes para consultar a información en pdf.

 

Gañadores concurso debuxos e microrrelatos terroríficos

Xa temos os debuxos e microrrelatos gañadores da última edición do noso concurso de Samaín.

Os nosos parabéns a todo o alumnado participante e especialmente ás persoas gañadoras!

Gañadores modalidade debuxo:

  • 1° Anónimo ( Begoña Acebedo Carpintero 2° Bach)
  • 2° kiefer (Daniela Soraya Laprea Jamarillo 4° tarde)
  • 3° La monja ( Margarita Flores 4° tarde)

Gañadores modalidade microrrelatos:

  • 1°Anonimo ( Begoña Acebedo Carpintero 2° Bach.)
  • 2° Berta ( Concha Parada González Ebis 2)
  • 3° Maléfica ( Cristina Gonçalves López Ebis 2)

Gozade deses merecidos premios!!

 Fai clic nas imaxes para velas ampliadas

DEBUXOS GAÑADORES

     
 

MICRORRELATOS GAÑADORES

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut