Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Gañadores concurso debuxos e microrrelatos terroríficos

Xa temos os debuxos e microrrelatos gañadores da última edición do noso concurso de Samaín.

Os nosos parabéns a todo o alumnado participante e especialmente ás persoas gañadoras!

Gañadores modalidade debuxo:

  • 1° Anónimo ( Begoña Acebedo Carpintero 2° Bach)
  • 2° kiefer (Daniela Soraya Laprea Jamarillo 4° tarde)
  • 3° La monja ( Margarita Flores 4° tarde)

Gañadores modalidade microrrelatos:

  • 1°Anonimo ( Begoña Acebedo Carpintero 2° Bach.)
  • 2° Berta ( Concha Parada González Ebis 2)
  • 3° Maléfica ( Cristina Gonçalves López Ebis 2)

Gozade deses merecidos premios!!

 Fai clic nas imaxes para velas ampliadas

DEBUXOS GAÑADORES

     
 

MICRORRELATOS GAÑADORES

 
 
 

Concurso de debuxos e microrrelatos terroríficos 2023

Xa volve unha nova edición do noso concurso de debuxos e microrrelatos terroríficos!!
 
BASES DO CONCURSO:
1. Bases Xerais:
- Enviar un correo a debuxoserelatos.epa23@gmail.com
- ASUNTO: o voso pseudónimo.
- CORPO DA MENSAXE: Nome e apelidos, curso e grupo, teléfono de contacto.

2. Modalidades de concurso:
- DEBUXO:
- Folio A-4
- Encabezamento co voso pseudónimo.
- Modalidade aconsellable para a ESA.
- MICRORRELATOS:
- Folio A4, á man e en galego. Será conveniente respectar a extensión máxima dunha cara do folio.
- Modalidade aconsellable para Bacharelato.

E lembrade que podedes participar en calquera das modalidades, aínda que sería mellor respectar o aconsellado.
Os traballos non deben levar ningún sinal ou dato que permitan identificar ao alumnado participante.
 

Inicio curso de capacitación dixital

Todas as persoas interesadas que se inscribiron para a realización do cursiño de capacitación dixital foron admitidas no horario da súa primeira preferencia. Desta maneira, o vindeiro luns 2 de outubro inícianse os grupos con horarios de 9:00 a 11:00 da mañá e 20:00 a 22:00 da tarde. O seguinte día, o martes 3 de outubro, comezará a docencia no terceito grupo con horario de 11:00 a 13:00 horas.

As sesións terán lugar na Aula de Capacitación Dixital da Epapu Ourense, estreada para ocasión e localizada no segundo andar do noso edificio.

Vémonos a vindeira semana!!!

Horarios cursos de idiomas e informática

INSCRICCIÓN O MARTES DÍA 12 A PARTIRES DAS 9:00 AM POR RIGUROSO ORDE DE CHEGADA

 

FAI CLIC NAS IMAXES PARA CONSULTAR EN PDF

 

Curso de Capacitación Dixital

Ao longo do mes de Outubro poderás realizar con nós un curso de capacitación dixital de 30 horas de duración totalmente gratuíto e obter o certificado oficial correspondente. Se premes na imaxe descargarás o díptico informativo en pdf con toda a información sobre horarios e contidos.

Podes matricularte presencialmente na EPA de Ourense ou ben cubrindo e envíando o seguinte formulario

 

Inicio de curso. Horarios das distintas presentacións e comezo das clases

Información sobre as presentacións dos distintos cursos e os horarios nas que se realizan. Tede en conta que todas as presentacións terán lugar o luns día 11 de setembro agás as de Bacharelato que serán o día seguinte, martes 12. Finalmente os cursiños de idiomas e informática iniciaranse a partires do luns 18 de setembro.

PREME NA IMAXE PARA CONSULTAR CON MÁIS DETALLE

Información matrícula cursiños de idiomas e informática

Ao longo da tarde do vindeiro luns 11 de setembro publicaremos os distintos grupos e horarios nos que poderades matricularvos o vindeiro curso.

O prazo de matrícula abrirase o martes 12 de setembro ás 9 da mañá ata o xoves 14. Os distintos cursiños iniciaránse na semana do 18 de setembro.

Acude a matricularte cunha copia do teu DNI ou documento identificativo e cunha fotografía.


 

Matricula extraordinaria Setembro curso 2023-2024

O venres día 1 ábrese o prazo extraordinario de matricula para o curso 2023-2024. Anímate, ainda estás a tempo de estudar connosco o vindeiro curso!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

Aberto prazo de matrícula xuño

Xa aberto o prazo de matrícula de xuño para Eduación Secundaria, Presencial e Semiprencial, e tamén bacharelato. Acude a informarte á nosa escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut