Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Obra de teatro: Os vellos non deben de namorarse

O vindeiro xoves 14 de marzo ás 20:00 horas no Teatro Principal de Ourense, todo o noso alumnado poderá asistir gratuitamente a representación da obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse", un clásico do teatro galego de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, adaptado pola Agrupación Teatral SILVARDEIRAS de Allariz.

Se estades interesados en acudir, poñédevos en contacto co voso titor/a para inscribirvos antes do venres 8 de marzo.

Les Trois Mousquetaires: Teatro en francés para o noso alumnado

O alumnado dos cursos de iniciación, intermedio e avanzado de francés da EPA de Ourense, asistiron o pasado xoves 29 de febreiro á representación da obra de teatro “LES TROIS MOUSQUETAIRES”, adaptación e representación da compañía BHM Producciones, basada na novela de Alejandro Dumas.

Ao final da representación os actores mantiveron un pequeno coloquio hispano-francés co público.

 

 

 

 

Calendario exames bacharelato 2ª Avaliación

Xa dispoñible para a vosa consulta o calendario de exames de Bacharelato da segunda avaliación. As probas realizaranse desde o luns 26 ao xoves 29 de febreiro.

Fai clic sobre as imaxes para consultar a información en pdf.

 

Actividade de Contacontos en francés

O alumnado de francés de 4º ESA e 1º BAC así como os grupos iniciación, intermedio e avanzado de francés participaron activamente na actividade do Conta Contos Camerunés Samuel  Mountoumnjou organizada pola EPA.

Os alumnos e alumnas de francés demostraron o seu talento sobre as táboas cunha importante colaboración nos tres contos africanos que Samuel interpretou de xeito interactivo e a modo de fábula cómica.

 

Podedes observalo nos seguintes enlaces:

 

Clases culturais de inglés con Damien Sheeby

Esta tarde o alumnado de Bacharelato contou coa visita do teacher trainer Damien Sheeby para levar a cabo dúas clases culturais. 

O alumnado de 1º de Bacharelato coñeceu de primeira man tradicións e curiosidades do Reino Unido co “A trip to the UK”, mentres que o alumnado de 2º de Bacharelato investigou sobre as pegadas da cultura irlandesa nos EE.UU.

Calendario exames finais da ESA e ESAD do primeiro cuadrimestre

Xa tedes publicado o calendario de exames finais do primeiro cuadrimestre tanto para a ESA como para ESAD

 

 No seguinte pdf poderás consultar toda a información

 

 

Matrícula segundo cuadrimestre: Información para alumnado de nova incorporación

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO (que non estivo matriculado no primeiro cuadrimestre)

PREME NAS IMAXES PARA CONSULTAR O PDF EN DETALLE

 

Información matrícula probas libres para a obtención do graduado para maiores de 18 anos

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR EN PDF

  

CALENDARIO DA CONVOCATORIA DE ABRIL

Voltamos o luns día 8 de xaneiro

A partires de hoxe 21 de decembro estamos de vacacións. Desfrutade moito destas festas e recordade que voltamos o vindeiro luns 8 de xaneiro con enerxías renovadas.

Agradecer o esforzo do equipo de dinamización lingüística para decorar o centro e contaxiarnos o espírito do nadal coa organización  das distintas actividades dos últimos días. Especial agradecemento a Belén Sanmiguel sobre a que recaeu o groso do traballo. Moitas grazas!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut