Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Visita á exposición "Ourense. Anos 20"

O venres pasado, o alumnado da ESA da quenda de noite acompañado dos seus profesores Rosa M., Alfredo e Rosa C. visitaron a exposición "Ourense. Anos 20" no centro municipal José Ángel Valente. Organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense nela preténdese dar a coñecer a realidade sociocultural da nosa provincia durante a década de 1920 a través dunha serie de 40 fotografías da época.

 

Na exposición recóllense instantáneas de feitos históricos como a visita de Primo de Rivera e dos reis  á  cidade, imaxes rurais, etnográficas, etc. A visita planificouse de xeito interdisciplinar. O profesorado acompañante fixo unha introdución sobre a época dos anos 20 e tamén sobre a historia dos autores das fotografías, os fotógrafos  Pacheco, Villar e Schreck, despois o alumnado tivo que resolver, mentres observaba as imaxes e atendía ás explicacións dos docentes, un cuestionario de preguntas de historia e da vida cotiá reflectidas nas fotografias. Incluso se lles plantexou un xogo de atención a xeito de concurso cuxos acertantes entrarán nun concurso que se efectuará no Centro e cuxo gañador/a levará un obsequio.  

 

O alumnado disfrutou moito da visita e puxo un enorme interese facendo numerosas preguntas e observando detidamente cada imaxe.

Foi unha proposta educativa fóra das aulas moi motivadora.



blog | by Dr. Radut