Skip to Content

UN NOVO ÉXITO DO ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS

O alumnado do IES As Telleiras participante nas probas de nivel lingüístico para a acreditación da competencia en lingua inglesa segundo regula o  Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL) ven de obter un enorme éxito, do que nos sentimos moi orgullosos.

 

Presentáronse 67 alumnos do segundo ciclo da E.S.O. e dos dous cursos de bacharelato ao abeiro da Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e foron quen de certificar os niveis B1, B2 e C1.

 

Dito alumnado foi coordinado e orientado polo profesorado do departamento de inglés ao que tamén queremos agradecerlle a súa profesionalidade e dedicación.

 

Xa agardamos pola convocatoria deste ano na que esperamos ser seleccionados para continuar nesta senda de innovación e de mellora da competencia lingüística en lingua inglesa do noso benquerido alumnado.

 

Parabéns para todos os participantes!!!!

 



blog | by Dr. Radut