Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

AVISO IMPORTANTE: SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2023/2024

 

As familias xa poden consultar en conserxería a lista provisional de admitidos en seccións bilingües.

Contra esta lista poden reclamar ata as 13:00 horas do día 7 de xullo. O 13 de xullo poderán consultar tamén en conserxería a lista definitiva de admitidos nelas.

En 4ºESO non se vai a impartir sección bilingüe por non alcanzarse o número mínimo de solicitudes.

Por razóns de confidencialidade de datos non se poden publicar na páxina web ningunha das listaxes

 

 

AVISO IMPORTANTE: SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2023/2024

 

Xa están publicadas as listaxes provisionais de solicitudes no taboleiro de anuncios do centro que se atopa de fronte a conserxería. Contra esta listaxe pódese reclamar mediante escrito na secretaría do centro antes do 16 de xuño.

A listaxe provisional de admitidos sairá publicada no taboleiro do centro antes do 4 de xullo. Contra esta listaxe poderase reclamar mediante escrito na secretaría do centro antes das 13:00 horas do 7 de xullo.

O 13 de xullo publicarase a lista definitiva de admitidos no taboleiro do centro.

Por razóns de confidencialidade de datos non se poden publicar na páxina web ningunha das listaxes

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR curso 2023-24

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 21 de xuño.

Información completa AQUÍ

PROBAS ACREDITACIÓN NIVEL LINGUA ESTRANXEIRA

 

Comunicámoslles que temos feito un acordo con Trinity para facer as probas de adquisición de nivel lingüístico.

A semana do 10 ao 13 de xaneiro de 2023 terán lugar os exames orais.

O alumnado conectarase por videoconferencia cos examinadores da entidade en Reino Unido, que serán os que os avalíen. Unha persoa de Trinity acudirá ao centro para regular o proceso.

As probas escritas terán lugar o 18 de xaneiro de 2023 de 10:00 a 12:00 horas na aula de Usos Múltiples do instituto. Un representante de Trinity estará presente durante as mesmas.

 

CIRCULAR INFORMATIVA: INICIO DE CURSO

Todas as indicación de inicio de curso na seguinte circular informativa á que se pode acceder dende AQUÍ

Libros de texto e material didáctico impreso curso 2022/23

Xa se pode consultar a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2022/23 no menú Libros de texto do bloque de SECRETARÍA e do de Alumnado na marxe esquerda da páxina web o directamente desde AQUÍ

Distribuir contenido