Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA ALUMNOS PROPOSTOS PARA FPB

Os alumnos propostos para Formación Profesional Básica, deberán recoller na administración do noso centro o día 6 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, a documentación necesaria para solicitar praza nos centros da súa elección.

 

Aviso: BANCO SOLIDARIO DE LIBROS da ESO 2021

As familias que necesiten libros de texto da ESO tedes que cubrir o seguinte formulario entre o 20 e o 27 de xullo: https://forms.gle/NiB5tqYiLe23xVCKA

Se hai máis solicitudes que libros o reparto farase primeiro entre as familias con dereito ás axudas de material escolar, e os demais repartiranse entre os restantes solicitantes comezando cos alumnos co primeiro apelido empezando por Ws e segundo Bf segundo o sorteo feito este curso na Consellería para a admisión de alumnado e intentando que na medida do posible  estas  últimas familias leven o mesmo número de libros. 

É condición indispensable ter devoltos os libros do curso anterior.

Aviso - HISTORIAIS ACADÉMICOS 4ºESO

Os HISTORIAIS ACADÉMICOS de 4ºESO que según o CALENDARIO de fin de curso estarían a disposición dos alumnos a partir do 1 de xullo, xa están dispoñibles a partir de hoxe 28 de xuño.

 

RECORDATORIO - DEVOLUCIÓN CHAVES TAQUILLAS ANPA “A GALERA”

Toda a información no espazo da ANPA "A GALERA". Pódese acceder directamente dende AQUÍ

INFORMACIÓN TAQUILLAS E ALTAS SOCIOS ANPA “A GALERA”

Toda a información no espazo da ANPA "A GALERA". Pódese acceder directamente dende AQUÍ

CALENDARIO FIN DE CURSO 2020-21

Premer AQUÍ para ver o CALENDARIO de fin de curso.

TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Os alumnos que queiran solicitar transporte e/ou comedor para o vindeiro curso deberán cubrir e asinar unha solicitude que poderán descargar premendo AQUÍ ou solicitala en administración.

Ao novo alumnado informaráselle ao facer a matrícula.

DEVOLUCIÓN LIBROS DO FONDO SOLIDARIO CURSO 2020/2021

Consultar AQUÍ as indicacións para a devolución de libros do fondo solidario.

AVISO - Seccións Bilingües 2021-22

Lembrámoslles que o vindeiro o 8 de xuño ás 14:00 horas remata o prazo para solicitar incorporarse o curso próximo a unha sección bilingüe.

Toda a información no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2021-22

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR curso 2021-22

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 21 de maio ata o próximo día 22 de xuño.

Información completa AQUÍ

Distribuir contenido