Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

AVISO ADMISIÓN CURSO 2022-2023 - Listaxes provisionais de admitidos

As listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido están a disposición dos interesados  no taboleiro de anuncios do centro dende hoxe, 20 de abril de 2022.

Tamén poderán informarse a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con certificado dixital ou chave 365.

Campaña “S.O.S. UCRANIA”

 

 

O alumnado do IESEBA

en colaboración coa Biblioteca

organiza unha campaña de recollida de donacións que O Banco de Alimentos Rías Altas (en colaboración con ACA-Ucraína) achegará a Ucraína.

Se queredes colaborar podedes achegarvos e depositar na entrada do centro

ata o 30 DE MARZO

algún dos seguintes produtos:

LEITE INFANTIL (EN POLVO)

COMIDA PREPARADA EN LATA

MATERIAL SANITARIO PARA CURAS DE URXENCIA:(betadine, gasas,...)

Eleccións Consello Escolar 2021-Circular Informativa Familias

O vindeiro 22 de novembro, en horario de 15:45 a 17:45, celebrarase a votación para a elección de representantes dos pais/nais/titores/as legais do alumnado do centro. Toda a información na seguinte CIRCULAR

Máis información sobre as eleccións ao Consello Escolar no bloque correspondente, no lateral dereito da páxina web.

AXUDA MÁSCARAS

Toda a información sobre axudas de máscaras AQUÍ

UN CLIC PARA EL COLE 2021-2022

Compra como sempre,  Amazon doará un 1% do teu gasto ao centro educativo que ti elixas en forma de crédito virtual sen custo algún para ti.

É moi sinxelo:

Visita:  

Elixe o noso centro 

Inicia sesión coma sempre e fai a túa compra!!

Visita de docentes italianos ao noso centro

Os días 13, 14 e 15 de outubro está prevista a visita de catro docentes procedentes de Italia, concretamente da rexión de Calabria.

Esta visita enmárcase dentro dun Proxecto Europeo (Erasmus plus Proyect) que se basea na formación dos profesores mediante un Job-Shadowing (ver como traballan noutros centros). Neste caso está especialmente interesados en ver como se traballa, organiza e se imparte clase nos institutos españois.

Pedíronnos que lles facilitemos unha vista ao noso centro para coñecer o seu funcionamento. Por iso, durante os días mencionados os docentes italianos asistirán como espectadores a varias clases, e informaráselles sobre o funcionamento, os recursos e as medidas  (tanto pedagóxicas como organizativas) que están implementadas no noso instituto.

Díptico informativo sobre E-Dixgal

Adxuntamos o díptico informativo sobre E-Dixgal que nos facilita a Consellería.

Aquí poderedes atopar información sobre o programa e datos de interese, como o procedemento para contratar o seguro voluntario para o equipo 

NOVOS HORARIOS A PARTIR DO 27-09-21

PÓDENSE CONSULTAR NOS SEGUINTES LINKS OS NOVOS HORARIOS QUE ENTRARÁN EN FUNCIONAMENTO O VINDEIRO LUNS 27-09-2021

1ºESO

 

 2ºESO

 

3ºESO

 

4ºESO

 

1ºBAC

 

2ºBAC

PLANO de ENTRADAS ao CENTRO por GRUPOS e CALENDARIO curso 2021-22

Calendario do curso 2021-22 AQUÍ

O PLANO de ENTRADAS ao CENTRO por GRUPOS na seguinte imaxe

ANPA “A GALERA”: TAQUILLAS – FIN DE PRAZO PARA RENOVACIÓN – 07/09/2021

Toda a información no espazo da ANPA "A GALERA". Pódese acceder directamente dende AQUÍ

Distribuir contenido