Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR 2020-2021

A Consellería de Educación a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está a realizar unha enquisa sobre a convivencia escolar entre todos os membros da comunidade educativa.

A dirección encargarase de xerar as claves de acceso para todos os membros da comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes.

Os destinatarios poden acceder ao cuestionario, coas claves aleatorias que se lles asinen, a través da aplicación convivenciaxestion nos seguintes links:

Alumnado BACHARELATO

    Alumnado ESO   

 

Familias

   

Persoal non docente

 

Profesorado

Con tal motivo enviarase ás casas das familias, a través do alumnado,a carta remitida pola Consellería con todas as indicacións oportunas, e recibirán un aviso sobre a dispoñibilidade da enquisa a través de Abalar móvil.

O alumnado de ESO realizaran a enquisa no centro.

O prazo remata o 29 de abril.

CRIBADO DE POBOACIÓN ADOLESCENTE DE 12 A 17 ANOS

 

Comunicámoslles que a Consellería de Sanidade, o SERGAS, e o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña realizan, dende o 19 de abril, un cribado entre a poboación adolescente de 12 a 17 anos para a detección do COVID-19. O grupo ao que vai dirixido son cidadáns desta franxa de idade que: 

1) non tivesen resultado positivo en COVID-19 no últimos tres meses

2) Actualmente non son contactos de seguimento COVID-19

3) Non realizasen unha PCR no últimos quince días

4) non presenten síntomas de estar a padecer a enfermidade.

As farmacias de cada municipio colaborarán con esta campaña dispensando os kits de auto recollida de mostra en saliva, informando tamén sobre como realizar a toma da mostra, e como proceder para a súa posterior avaliación e resultado.

O obxectivo é a detección de casos COVID-19 en persoas que non manifestan síntomas ou estes son  inapreciables.

As farmacias adheridas colocarán un cartel da campaña en lugar visible para favorecer a identificación por parte da poboación.

Culleredo está incluída na zona de  cribado. Por tanto as persoas que estean dentro dos requisitos establecidos poderán dirixirse á farmacia máis próxima adherida á campaña e solicitar gratuitamente o cribado.

No seguinte link pódese acceder  ás FARMACIAS participantes

AVISO ADMISIÓN CURSO 2021-2022 - Listaxes provisionais de admitidos

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos no taboleiro de anuncios do centro dende hoxe, 14 de abril de 2021

Mensaxe Nadal

 

Estimadas familias: rematamos o primeiro trimestre mantendo un ensino presencial no que case ninguén cría cando comezamos o curso. Actualmente non temos ningún alumno enfermo de coronavirus nin en corentena. Gran parte destes bos resultados son debidos ao seu apoio e sentido da responsabilidade, cumprindo os protocolos e colaborando connosco no cumprimento dos seus fillos/as.

Queremos darlles as GRAZAS.

Que pasen un tranquilo e seguro Nadal

AVISO ÁS FAMILIAS - ENTREGA DE NOTAS

Este venres día 18 de decembro de 2020, a partir das 15:00 horas, entreganse as notas a través da aplicación abalarmóvil.

Todas as familias deberán ter activada esta aplicación.

En caso dalgunha imposibilidade puntual rogámoslles que escriban ao correo do centro, ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es á atención da Dirección/Xefa de estudos, comentando a incidencia e poñerémonos en contacto con vostedes.

INFORMACIÓN - Procedemento distribución de máscaras entre o alumnado

Dende AQUÍ poden acceder á circular informativa sobre criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. 

ACTUALIZACIÓN DATOS COVID

Neste momento Sanidade confírmanos un novo caso positivo. Considérase que o contaxio produciuse fóra do centro polo que non recibimos instrucións para adoptar medidas concretas. Para coñecer a situación actualizada dos centros educativos galegos en canto á incidencia do COVID19, poden consultar a seguinte ligazón

DESMENTIDO COVID

A través dalgúns correos soubemos que se está difundindo entre as familias unha información que é absolutamente falsa, relativa ao número de afectados por COVID neste centro.

A realidade é que, a día de hoxe, Sanidade  unicamente nos confirmou un caso positivo.

Posteriormente soubemos doutro caso a través da familia do enfermo/a, pero que aínda non foi confirmado por Sanidade.

En ambas as situacións non había ningún risco para ningún membro da nosa comunidade educativa. Por iso Sanidade non puxo en corentena a ningunha persoa, nin nos pediu informes sobre seguimento do protocolo.

Pedímoslles que non dean crédito a informacións non contrastadas e irresponsables, e que permanezan tranquilos ata que nós contactemos cos afectados seguindo as instrucións de Sanidade se aparecese algún novo positivo ou houbese que poñer en corentena a algunhas persoas.

Para coñecer como están afectados  os centros de ensino de Galicia polo coronavirus poden consultar o seguínte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

De todos os xeitos, se teñen algunha dúbida poden dirixirse ao correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es, ou ao do equipo Covid equipo.covid@iesblancoamor.com, onde lles será debidamente aclarada.

Teñan en conta tamén, que diariamente recibimos moitas consultas e non todas poden responderse coa inmediatez que nos gustaría.

Un cordial saúdo

Carmen  Rodríguez- Trelles  Astruga

Directora

Coordinadora do Equipo Covid

HORARIOS GRUPOS

Xa se poden consultar os horarios por grupos no bloque "Alumnado", na columna da esquerda, menú "Horario de grupos" e pinchando no grupo correspondente.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

Distribuir contenido