Skip to Content

Alemán, Ciencias Naturais, Debuxo, Departamentos do IES O COUTO, Economía, Educación Física, Filosofía, Física e Química, Francés, Grego, Inglés, Latín, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Orientación, Portugués, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Exame de pendentes de Xeografía e Historia o Mércores 27 de febreiro ás 16:00 h

O mércores 27 de febreiro ás 16:00 h terá lugar o exame de pendentes de Xeografía e Historia de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 1º de Bacharelato.

Premiados no festival de Nadal do IES O Couto 2018.

Os premiados foron:

 
1º premio: Marta Justo de 1º ESO A, 2º premio: Marcos Areas e Damián Hervella de 3º ESO A   
  
3º premio: Ana Fidalgo e o seu grupo de titoría  de 4º ESO A.    

PIALE PORTO

PROGRAMA INTEGRAL DE APRENDIZAXE DE LINGUAS EXTRANXEIRAS.

 

PIALE PORTO 2018

facer clic no arquivo adxunto.

14 novas embaixadoras e embaixadores da necesidade de facer un uso responsable dos antibióticos

  • Ligazón á información: Uvigo

Estudantes do IES O Couto e do campus investigarán xuntos na busca de novos antibióticos.

Alumnos do IES O Couto e estudantes do grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do campus de Ourense traballarán xuntos nun proxecto de investigación relacionado coa procura de novos antibióticos. A iniciativa arrincará a mediados de febreiro e forma parte do programa internacional MicroMundo no que participa desde 2017 a Universidade de Vigo a través da Facultade de Ciencias. Trátase dun proxecto participativo centrado na exploración da biodiversidade microbiana nos chans en busca de novos microorganismos produtores de antibióticos, ademais dunha iniciativa para o fomento das vocacións científicas entre os mozos integrando os niveis educativos universitario e preuniversitario.
 

 

O Alcade da cidade recibe aos alumnos de Portugués do IES O Couto.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu, o 18 de xaneiro,  no salón de plenos aos alumnos da asignatura de portugués do IES Ou Couto da capital na tradicional actividade «Cantar as Janeiras». Trátase dunha tradición portuguesa que consiste en interpretar cancións polas rúas durante o mes de xaneiro para anunciar o nacemento do Neno Xesús e desexar un feliz ano novo a todos os veciños.

 

Festival de Nadal 2018

Prema na seguinte ligazón para ver o vídeo:

 

 

FESTIVAL DE NADAL 20108 NO IES O COUTO

FESTIVAL DE NADAL  NO IES O COUTO

XOVES INTÉRPRETES

 

VIAXE A FRANCIA DO 16 AO 23 DE ABRIL

VIAXE A FRANCIA

 

Os alumnos de 4º ESO e 1º BACH viaxan a Burdeos e Paris nunha excursión organizada polo Departamento de Francés. A ANPA do IES O COUTO colaborou económicamente na realización desta viaxe cos socios da mesma.

 

Guardar

VIAXE A JACA

VIAXE A JACA DOS ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO E 4º ESO

organizado polo Departamento de Educación Física

a ANPA DO IES O COUTO colaborou económicamente cos membros socios da mesma.

Na estación probando o material.
catedral de Jaca

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Taller de danza Urbana

Obradoiro de danza Urbana levado a cabo na materia de música de 2º de ESO. Coordinado pola profesora de música Olalla Núñez Deza, impartido pola especialista en danzas urbanas Yara Juncal Graña e subvencionado pola ANPA do Centro.

O obradoiro se desenvolveu en 5 sesións. dúas horas de ensaio con 2 grupos, outras dúas horas de ensaio cos outros 2 grupos e a hora final na que se xuntaron os 4 grupos para facer unha gravación da coreografía. Dita coreografía foi unha fusión da música galega na que se usou a muiñeira de Chantada da versión de Carlos Núñez coa danza urbana na que es especialista a profesora que impartiu o Obradoiro.

O resultado final foi unha coreografía ven coordinada e ensamblada na que se incluíron acrobacias de Marco Salvo Castro, Capoeira interpretada por Zuriel Rodríguez Lozano (ambos alumnos de 2º de ESO) e a colaboración de Alicia Babarro de 1º de ESO con break dance.

 

VIAXE A ANDORRA ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Couto disfrutou da neve en Andorra nunha actividade organizada polo departamento de Educación Física.

   
   

 

Festival de nadal do IES O Couto 2022

Festival de nadal llevado a cabo co alumnado de música do IES O Couto. Profesora Olalla Núñez Deza. Colaboración escola de danza Estilo Libre.

Actividades de piscina no primeiro trimestre no IES O Couto (1º Bacharelato)

Actividades de piscina no primeiro trimestre no IES O Couto (1º Bacharelato)

Debido ao aumento da carga horaria da materia de EF en 1ºde Bacharelato, pasando de 2 sesións a  3 sesións semanais, o departamento de EF e o centro estimaron oportuno xuntar dúas sesións semanais da mesma e o recreo correspondente para realizar actividades nas instalacións do Servizo Municipal de Deportes (Pavillón dos Remedios) en horario lectivo, -previo acordo coa xerencia-, xa que a proximidade ao noso centro e as posibilidades deportivas son infinitas.
Este 1er trimestre centrámonos nas actividades acuáticas, onde realizamos prácticas de distintas técnicas de aprendizaxe e perfeccionamento de Natación nos dous vasos (piscina de 25 e de 50), así mesmo contamos en varias sesións de Salvamento Acuático co Club Salvour (que nos facilitaron material e impartíronnos algunha clase de forma gratuíta) e as última semanas déronse clases de Aqua-gym (no spa , adxacente ao vaso de 50mts).
As fotos e vídeos son un fiel reflexo do grao de satisfacción do noso alumnado cunhas prácticas tan aceptadas, útiles e motivantes.
Esperamos seguir desenvolvendo contidos variados e dotar ao noso alumnado de experiencias enriquecedoras no ámbito deportivo, tanto nas seguinte avaliacións como nos cursos vindeiros. Un agradecemento especial desde o dpto. de EF ao Pavillón de Deportes (Marta Míguez, por darnos todas as facilidades para desenvolver esta programación tan nova, socorristas e demais persoal), ao Club Salvour (Marta Estévez por deixarnos materiais e impartirnos sesións) e ao alumnado por ser un exemplo de comportamento e responsabilidade.
 

 

 LISTAXE DE VÍDEOS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut