Skip to Content

Alemán, Ciencias Naturais, Debuxo, Departamentos do IES O COUTO, Economía, Educación Física, Filosofía, Física e Química, Francés, Grego, Inglés, Latín, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Orientación, Portugués, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

SAÍDA AO AUDITORIO

 

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron unha saída do día 3 de febreiro ao Auditorio para ver a película " Vivir es fácil con los ojos cerrados".

   
   

IES O COUTO NA OLIMPIADA DE BIOLOXÍA

Departamento de Ciencias Naturais

Olimpíada de Bioloxía  -  Fase galega

 

       O venres 16 de xaneiro, celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, a “X OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA”, organizada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, e a colaboración das tres universidades galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Editorial SM.

       Participaron máis de cen estudantes de 2º de bacharelato, representando, en grupos de catro alumnos, a centros de toda Galicia.

       O I.E.S. “O Couto” presentou para a súa participación a catro alumnos  do grupo de 2º A de bacharelato:

                                           Garrido Suárez, Nerea

                                           Gómez Rodríguez, Elisabet

                                           González Fernández, Cristina

                                           Picouto Moreda, Damián.

    A participación foi promovida polo profesor de Bioloxía de 2º de bacharelato, Manuel Antonio Latorre Díaz, que os acompañou durante toda a xornada.

   Despois da recepción de participantes, desenvolveuse o exame teórico en dúas aulas da Facultade.

   Tras un pequeño descanso, e xa na Aula Magna, fixeron a proba práctica sobre imaxes proxectadas en común para todos os participantes.

   Logo da comida posterior ( convite para alumnos e profesores, pola Facultade de Bioloxía) procedeuse á visita de varios departamentos, en grupos reducidos, e ás explicacións das diversas investigacións que se desenvolven neles.

   Tiveron a oportunidade de facer pequenas observacións e manipulacións de material de microscopía e coñecer a contribución á divulgación (especialmente de páxinas web de acceso libre) dos membros dos departamentos visitados.

   Posteriormente, asistiron á conferencia sobre ás “achegas da Bioloxía” á sociedade.

   Por último, procedeuse ao acto de clausura e á entrega de premios aos gañadores.

  Todos os participantes considéranse “finalistas” e, para certificalo, recibiron o seu correspondente diploma acreditativo da súa participación na Olimpíada de Bioloxía, nun vistoso desfile dos alumnos.

   Os catro participantes do noso Cenro, amosaron a súa satisfación pola participación e gardarán seguramente un grato recordo da xornada.

 

 OLIMPIADA BIO 1  BIOL 2  BIOL 3  
       

SAÍDA DOS ALUMNOS DE FRANCÉS AO AUDITORIO

'Les femmes savantes' para escolares no Auditorio Municipal de Ourense.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º BACH de Francés  do IES O COUTO, realizarán unha saída o venres 23 de xaneiro para ver a obra de Molière "Les femmes savantes".

les femmes savantes

Inmersión lingüística en francés e achega a obra de Molière da man da obra 'Les femmes savantes' adaptada para escolares.

Teatro clásico e en francés adaptado para escolares. Esa é a proposta da concellería de Educación de Ourense coa programación da obra 'Les femmes savantes' no Auditorio Municipal de Ourense. Neste espectáculo, 90% en francés, La Bohème Théâtre representa o clásico de Molière no que se narra a historia de amor entre Clitandro e Enriqueta. Para casaren necesitan que a familia de Enriqueta dea o seu visto bo, pero tanto a súa nai como a súa irmá están interesadas en casala co señor Trisotin.

A oportunidade para que os escolares vexan 'Les femmes savantes' e descubran o final desta historia téñena o venres 23 de xaneiro. A obra está recomendada para aqueles alumnos que teñan certa base de idioma francés. 

AULA DE TRABALLO DE ALTAS CAPACIDADES DO IES O COUTO NA VOZ DE GALICIA

O programa Aulas de traballo empezou a funcionar no instituto do Couto no ano 2010;

Artigo na Voz de Galicia do Sábado 17 de xaneiro de 2014

pilar Ferreira

Pilar Ferreira e Puri Losada cos alumnos de altas capacidades do IES O COUTO.

FESTIVAL DE NADAL NO IES O COUTO

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2014 NO IES O COUTO:

Máis fotos no seguinte link: fotos nadal 2014

ALUMNOS TOCANDO ALUMNOS TOCANDO
 ALUMNA TOCANDO CARLA TOCANDO 

 

 

TORNEO DE NADAL

TORNEO DE NADAL

TORNEO

VENRES 19 EN HORARIO DE 10 A 11H30

10:00 FUTBITO:SELECCIÓN ESO vs. SELECCIÓN BACHARELATO

10:30 VOLEIBOL: SELECCIÓN PROFES vs SELECCIÓN ALUMN@S

11:00 FUTBITO: PROFESORAS vs SELECCIÓN ALUMNAS

V FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

coro navideño

NADAL 2014 IES O COUTO

V FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

VENRES 19 de DECEMBRO  as 11’30 h.

  • Alumnos de 4º ESO A: “La flauta mágica” de W. A. Mozar  e  “River flows in you”  de Yiruma  
  • Héctor González y Lucía Velo 2º ESO C, dúo de viola y violonchelo: “Villancicos”
  • Elena Orbán, 3º ESO A, flauta travesera: “Para Elisa” de L. v. Beethoven
  • Marta Alvarez, 3º ESO B y Eddileyni Camilo, 4º ESO D, dúo vocal:

                                                                              “Corre Corazón” de Jessy Joy

  • Carla Estévez, 4º ESO C, violín: “Gavota”
  • Clara Nieto 3º ESO C, danza: “Warrior” de Demi Lovato
  • Sara Lía y Valeria López, Dúo de voz y piano: “People help the people”   de          Birdy 
  • Xosé Saavedra, 4º ESO A: sólo de batería
  • Alexandre e Sabela Rodríguez, e Lucía e Iago Velo: cuarteto  de  guitarra, violas e violonchelo:  “Aleluya” de L. Cohen

OPERACIÓN KILO

Comeza a operación kilo no IES " O Couto"

Do 1 ao 15 de decembro recollida dos alimentos

¡¡¡ COLABORADE¡¡

operacion kilo 20142013

5º FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

NADAL 2014

5º FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

DO IES O COUTO

Venres 19 de Decembro

festival xoves interpretes 

BASES:

  • Ser alumno do centro
  • Ter formación nalgún instrumento musical e/ou voz
  • Interpretación individual ou en grupo dunha peza breve
  • Inscripción na Aula/seminario de música, os días 3 e 4 de Decembro, achegando o nome da peza a interpretar e o seu compositor.
  • Os participantes recibirán un "aguinaldo " do Centro.

5 alumnos do IES O COUTO gañan o concurso nacional "Consumópolis"

O día 26 de novembro de 2014 un grupo de pais, alumnos e profesores viaxaron a Madrid para recibir de mans de Pilar Farja o primeiro premio nacional da novena edición do concurso Consumópolis.

Despois dunha curta viaxe en avión dende Vigo os alumnos gañadores, Alexandre Rodríguez, Marcos Vila, Guillermo Soto, David Feijóo e Martín Álvarez, acompañados dalgúns compañeiros de clase, de familiares e da profesora coordinadora do proxecto Francisca Vega,  recolleron o galardón no ministerio de Sanidade da man de Pilar Farja.

 

Na entrada do Ministerio de Sanidade

Na entrada do Ministerio de Sanidade

 

entrega de premios consumópolis

 De esquerda a dereita: Alex, David, Martin, Guillermo e Marcos.

 entrega de premios

Os gañadores coa directora de AECOSAN Pilar Farja, a Directora do Instituto Galego de consumo e os familiares dos gañadores.

 entrega

Entrega dos diplomas: os alumnos, profesora coordinadora, representando o centro Rosa Díaz e autoridades.

Saída ao Auditorio para o concerto da Banda Municipal de Música de Ourense

Saída ao Auditorio para os alumnos de música de 3º e 4º da ESO o venres 28 de novembro de 2014 a partir das 11H30.

banda municipal de musica

Audicións 3º ESO Música

Fai clic na ligazón para acceder á carpeta coas audicións da primeira avaliación:

Resumo da Programación de Física e Química para o curso 2014-15

Aquí pode consultar o Resumo da Programación do Departamento de Física e Química para o presente curso 2014-15. Tamén está dispoñible no taboleiro de anuncios do Departamento.

Xornal escolar 2013- 2014

Un grupo de alumnas de 1º ESO levaron a cabo un bonito proxecto, durante o curso, facer un Xornal Escolar. Esperamos que vos guste ! Fai clic na seguinte ligazón para velo: xornal

Visita dos alumnos de 2º ESO ao Polígono San Cibrao

O día 28 de Marzo os alumnos de 2º ESO realizaron unha visita, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao Polígono Industrial de San Cibrao. Máis información na seguinte ligazón: eduemprende

poligono

 

Distribuir contido


by Dr. Radut