Skip to Content

blogue deiconcepcion

XXIX Certame Literario Xoán Díaz

O IES David Buján, O IES Afonso X O Sabio e o Concello de Cambre convocan unha  nova edición  do Certame Literario Xoán Díaz.  Ata o día 15 de abril está aberto o prazo para presentar traballos de poesía, narración e microteatro nas tres categorías (de 12 a 14, de 15 a 18 e de 19 a 26). 

PARTICIPA!!

Consulta as bases

Ficha de inscrición

Premiados. Concurso musical. Febreiro

Listaxe de premiados no concurso musical de febreiro.

Parabéns

 Recoller o premio no departamento de LG

Día da Candeloria, 2 de febreiro

DÍA DA CANDELORIA

2 de febreiro

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado.

A voda dos paxariños

 A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! ( https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/candeloria/)

Por se alguén se quere declarar en galego, e dunha forma moi enxebre (a imaxe desta entrada) , o EDLG fixo un adhesivo de balde. Podes recollelo no Departamento de LG ou pídello ao profesorado de Galego.

Concurso Musical. Febreiro

 FEBREIRO

Xa se abre o concurso do mes de febreiro. Haberá, coma xa é tradicional,  un sorteo de gorentosos premios entre todos os participantes (hai que rematar as dúas cancións). Entre todos os que fagan as dúas cancións  tamén se sorteará unha camiseta que estará exposta todo o mes de febreiro na cortiza do EDLG. 

Nesta ocasión as cancións son "Tribo", un adianto do novo disco de A Banda da Loba -Xabón Lagarta- e unha canción de Os amigos dos Músicos "Non pare a festa" sobre o Entroido. 

Preme na ligazón e participa. Lembra enviar o teu nome completo  e curso.

O sorteo será o día 6 de marzo. Aberta a participación ata o 5 de marzo.

PIALE 2022

 

Durante o primeiro trimestre a profesora Irene de Concepcion Fernández fixo un itinerario formativo para a mellora da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa (ORDE).

Un dos obxectivos do programa é facer unha difusión do actividade  e do sistema educativo portugués. Deixo aquí unha pequena presentación.

Enquisa sociolingüística. Curso 2022-2023

ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA

Para unha adecuada planificación lingüística é preciso coñecer os usos, as competencias e as actitudes sobre a lingua galega da comunidade educativa. 

O cuestionario é  totalmente anónimo. Pero só se permite   o acceso aos usuarios que pertenzan ao IES David Buján. Polo tanto os enquisados deberán iniciar sesión coa súa conta do centro. 

Preme no enlace correspondente, completa  as preguntas do cuestionario e dálle a ENVIAR. Grazas pola túa colaboración.

ALUMNADO

Día da Paz e da Non Violencia

O EDLG convoca dous concursos para festexar o Día da Paz e da Non Violencia

 

1. Convócase un concurso de recitado do poema "Irmaus " De Celso Emilio Ferreiro. 

Consultar as bases

Poema

Premiados

2. Convócase un concurso de nubes de palabras, ou caligramas,  co poema "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro. Todos-as alumnos-as  poden entregar a súa creación no departamento do EDLG antes do  28 de  xaneiro. Todas serán expostas na entrada do centro.

Aquí tes unha aplicación onde é moi doado facer unha nube de palabras. Podes escoller todas as palabras do poema ou só aquelas que consideres máis interesantes (significativas, sonoras, ...) . Despois imprime a túa nube ou manda o teu arquivo  á conta edlg@iesdavidbuján. Se tes algún problema para usar a aplicación pasa polo departamento do EDLG nos recreos que che ensinan a usar a aplicación.

Coa nube de palabras gañadora imprimirase un adhesivo, indicando o nome do alumno ou alumna,  para distribuir  de balde no centro.

Anímate e participa. Haberá grandes e gorentosos premios (diplomas, bocatas, puntos do EDLG, libros, ...)

Distribuir contido


by Dr. Radut