Skip to Content

Física e química

CURSO 2023-2024

Profesorado

  • Aniana María Díaz Gómez (Xefa de departamento)   anianadg@iesdavidbujan.gal
  • María Loreto Legerén Molina   loreto.legeren@iesdavidbujan.gal
  • Ricardo Rodríguez Portela   rrportela@iesdavidbujan.gal

 Programacións didácticas

Olimpíada Galega de Química 2024

 
O pasado venres, 8 de marzo, tivo lugar na Facultade de Ciencias da Coruña a XLI edición da Olimpíada Galega de Química. Os/as gañadores/as desta fase local pasarán á fase nacional, que terá lugar en Murcia.
 
Lucía Cuervo, Iago González, Juan González, Mariña González, Paula Méndez, Iago Pérez e Kira Vila representaron ao noso instituto e demostraron os seus bos coñecementos na materia. Parabéns por participar e moita sorte nesta fase local.

Conmemoración do día da muller e a nena na ciencia: Gran final do concurso “Que sabes de mulleres científicas?”

O xoves 29 de febreiro tivo lugar a gran final do concurso sobre mulleres científicas. A proba desenvolveuse adaptando o famoso concurso “Quen quere ser millonario?”, de maneira que o alumnado finalista tivo demostrar os seus coñecementos superando unha serie de preguntas sobre mulleres científicas e as súas achegas. Houbo unha grande afluencia de público e os grupos asistentes animaron e apoiaron aos seus representantes con moito entusiasmo.

Noraboa a todas/os participantes do concurso, especialmente ás finalistas Alba Camba, de 1º ESO A e Patricia Real de 1º ESO B e aos gañadores Hugo Boo e Jairo Cadaveira de 3º ESO C. Esperamos que gocen dos premios conseguidos!

Asistentes Finalistas Gañadores

 

 

CURSO 2022-2023

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO:

  • Aniana Díaz Gómez, xefa de departamento:  anianadg@iesdavidbujan.gal
  • Ricardo Rodríguez Portela:  rrportela@iesdavidbujan.gal
  • Iván Varela Sandá:  ivanvarelasanda@iesdavidbujan.gal
  • Jesús Manuel Alcaide Corral:  jesusmanuelalcaide@iesdavidbujan.gal

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

 

 

Visita do alumnado de 4º ESO á Facultade de Ciencias da UDC

O pasado xoves, 2 de febreiro de 2023, o alumnado de ciencias de 4º de ESO visitou a Facultade de Ciencias da UDC, no Campus da Zapateira. Alí fomos recibidos polo decano, D. Andrés Martínez Lage, que nos explicou a oferta académica e a organización da Facultade. A continuación puidemos participar en diferentes obradoiros de investigación nos laboratorios de Química e Bioloxía. Moitas grazas ao profesorado participante e ao alumnado de doutoramento por explicarnos e achegarnos ás súas investigacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut