Skip to Content

Probas de acceso a FP 2024

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2024

Está xa publicada a convocatoria das probas de acceso a ciclos. Poderán presentarse a Grao Medio as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou os fagan neste ano. Poderán presentarse a Grao Superior as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 19 anos ou os fagan no ano da proba.

PRAZOS

 O prazo de presentación da solicitude para o grao medio estará abranguido entre os días 26 febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

 O prazo de presentación de solicitudes para o grao superior será o comprendido entre os días 29 de xaneiro e o 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

LUGAR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE

Podes facelo en calquera centro público que oferte ciclos formativos; o máis próximo é o IES Afonso X o Sabio.

As persoas interesadas deberán cubrir un formulario a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento para os ciclos superiores ED312D, e para os ciclos medios ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición, tamén da mesma forma cubrindo o anexo I para grao medio. Podedes facelo de forma non presencial empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal).

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

DOCUMENTACIÓN

  •  DNI ou pasaporte
  •  Acreditacións, dictames ou xustificación documental de que presentas ou te inclúes nalgún tipo de diversidade, para solicitar unha adaptación da proba.
  •  Acreditación de solicitar exención dalgunha parte da proba.

MODELOS DE EXAMES

Para superar estes exames terás que estudiar moito. Se queres consultar as probas que se fixeron en convocatorias anteriores entra no portal da xunta FP ou téñovos os enlaces feitos no blog Orientatron., tanto para grao medio como para grao superiorEste ano poderedes solicitar a proba adaptada, pero teredes que acreditalo; pedide información no departamento de orientación do IES ou á vosa titora ou titor.

ESTRUTURA DO EXAME

Grao Medio:

  •  Parte sociolingüística: Lingua Castelá, Lingua Galega e Ciencias Sociais
  •  Parte matemática: Matemáticas
  •  Parte científico-técnica: Ciencias da Natureza e Tecnoloxía

Grao Superior:

  •  Parte común: Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas
  •  Parte específica: Opción A, B ou C (a elixir, e dentro desa opción tes que escoller dúas materias)
    • Opción A: Economía Empresarial, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés) e Filosofía.
    • Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
    • Opción C: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, Química e Bioloxía.

Accede ás familias profesionais e ciclos aos que da acceso cada opción no anexo VII do documento "Información para as probas de acceso" (páxina 20).

Elixe unha opción (cada opción conduce a familias profesionais e ciclos determinados, comproba que solicitas a opción que te conduce ao ciclo que ti desexas) e, dentro da opción elixida, escolle dúas materias. Poderás quedar exento de todo ou dalgunha parte se cumpres determinados requisitos; consúltao no departamento de orientación.

CALENDARIO

As probas terán lugar o día 18 de abril para o grao superior e o 23 de maio de 2024 para o grao medio. Accede e consulta todas as datas relacionadas aquí.

LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

Publicarase o 19 de abril.



page | by Dr. Radut