Admisión alumnado curso 2024/2025 - Necesidade de baremación
Unha vez concluído o prazo ordinario de solicitude de admisión, dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes presentadas en 1º da ESO para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que, os que aínda non o teñan feito, presenten de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer unha orde de prelación.
Curso |
Necesidade de baremación |
1ºESO |
Si |
2ºESO |
Non |
3ºESO |
Non |
4ºESO |
Non |
1ºBAC |
Non |
2ºBAC |
Non |
Nos cursos onde non hai necesidade de baremar, todas as solicitudes presentadas obteñen praza
Listados:
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.
- Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.