Skip to Content

Día da Ciencia na Rúa 2024

Un ano máis, o IES David Buján participou no Día da Ciencia na Rúa que tivo lugar este sábado 4 de maio no parque de Santa Margarida.

O alumnado participante amosou o traballo desenvolvido durante estes meses no noso Club de Ciencia. Así, Brais, Patricia, Rodrigo, Matías, Inés, Paula, Sergio, Lucía e Leah, de 1º de ESO, deixaron o público abraiado coa cúpula xeodésica na que levan traballando durante tanto tempo.

Jean, Sofía, Nora, Estrella e Elba, de 1º de bacharelato, puxeron a proba os sentidos dos participantes con retos divertidos e cuestións que deron moito que pensar.

Pola súa parte, Lola, Dani, Anasaray e Noa, de 2º e 4º de ESO, e Susana, Leire, Valero e Jairo, de 3º, expuxeron os proxectos desenvolvidos no grupo “Xente de 100cia”. Utilizaron a Intelixencia Artificial e os xogos de rol como exemplos de actividades que se poden facer para mellorar a aprendizaxe das ciencias tanto nas aulas como fóra delas.

Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo e en especial a Patricia Carril, coordinadora do noso Club de Ciencias. Esperamos vernos de novo o ano que vén nunha nova edición desta bonita festa da Ciencia.

Ligazón ao cartafol de Drive para acceder ás fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/11W_KQ1gsHbq7lc-tkvJrxfPOUMro76R7?usp=sharing



page | by Dr. Radut