Skip to Content

Pelos na lingua. Talía Teatro

11/11/2011 11:20
11/11/2011 13:20
Etc/GMT+1

A Casa da Casa da Xuventude de Cecebre acolle a representación desta obra.


O teatro volve a Cambre das mans da compañía Talía Teatro e coa representación da obra "Pelos na lingua".O grupo de teatro que obtivo un gran éxito coa peza "Bicos con lingua" decidiu afrontar este novo espectáculo de novo coa dirección de Avelino González, e cun elenco admirable de actores: Toño Casais, María Ordóñez e Artur Trillo. 

 A concellaría de Cultura convidou os centros de secundaria do municipio a asistir a esta representación que terá lugar o día 11 de novembro ás 12 do mediodía. Do IES David Buján asistirán os alumnos de 3º e 4º da ESO.

O Departamento de Lingua Galega considera moi recomendable a asistencia á representación. De todos os xeitos, aqueles alumnos que non poidan asistir deberán entregar, o luns 14, un traballo sobre uns capítulos dun libro que trata sobre a mesma temática.



event | by Dr. Radut