Skip to Content

O Entroido

Carnaval ribeirao. Volante da Ribeira Sacra


O Entroido é unha festa pagá de orixe ancestral e de longa tradición en Galicia, que como outras de gran raizame, se transforma en relixiosa coa celebración do Mércores de Cinsa. Pero os días máis representativos destas festas son o domingo, luns e martes. No noso concello tamén é moi celebrado o sábado seguinte: o carnaval pequeno. Pero realmente o Entroido comeza tres domingos antes. Este domingo, dependendo das zonas, recibe distintos nomes: fareleiro, corredor, folecheiro, lambedeiro ... Despois do domingo fareleiro, celébrase o xoves de compadres; e  o xoves antes do domingo de entroido,  o xoves de comadres. O Entroido acostuma rematar co Enterro da Sardiña, ou o Deus Momo, e o Mércores de Cinsa.


Este mundo de transgresión que se crea nestas datas vén representado polas máscaras dos cigarróns, boteiros, peliqueiros, pantalla, choqueiros, lanceirosa, xenerais, madamitas, volantes...


O entroido é unha das festas tradicionais máis antigas que se celebra en moitos lugares de Europa. Na nosa terra temos un dos entroidos máis importantes de España do que aínda hoxe se descoñecen as súas orixes, con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre as diversas poboacións.  Podedes ver unha pequena exposisción destes carnavais tradicionais  no corredor do centro


A celebración do Entroido ten a súa orixe en festas na honra de Baco, o deus do viño, ou o deus exipcio Apis. Segundo algúns historiadores, a orixe destas festas remóntanse máis aló dos 5000 anos.


Atrévete a investigar sobre o entroido en Galicia e descubrirás os costumes e tradicións que envolven esta celebración.



 


                       


          Boteiros de Viana do Bolo                                               Entroido de Cobres. Madamas


O venres, 17 celebraremos no David Buján o noso Entroido ( Xogos Olímpicos)


A PASALO BEN!!



page | by Dr. Radut