Skip to Content

Día de Rosalía de Castro

24/02/2012 00:49
24/02/2012 23:49
Etc/GMT+1


 O 24 de febreiro de 1837 nacía, en Santiago, Rosalía de Castro. 175 anos despois a súa obra permanece viva.


   D´aquelas que cantan as pombas y as flores

 Todos din que teñen alma de muller

Pois eu que n´as canto, Virxe d´a Paloma

                     ¡ Ay! ¿de que´ a terei?

                                                                        " Vaguedás", Follas novas, 1880


 Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. (Texto extraído da páxina da AELG)


 No IES David Buján queremos contribuír á difusión e promoción da figura e obra de  tan extraordinaria escritora convocando un Concurso de Presentacións.


A continuación apuntamos algúns enlaces de interese e as bases do concurso:


http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Rosalia_125aniversario.pdf


http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro


 http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=Rosal%EDa+de+Castro&solapa=obras


 BASES


1. Os Departamentos de Lingua e Literatura Galegas e Dinamización Lingüística convocan un concurso de presentacións en formato dixital para promover o coñecemento da figura e obra de Rosalía de Castro  no ámbito das novas tecnoloxías.


2. As presentacións (en formato .ppt, .pptx ou .odp) deben incorporar texto e este ha ser redactado en lingua galega. Poderase incorporar audio.


Non hai extensión máxima para a presentación.


3. O tema das presentacións debe estar vinculado á figura e obra de Rosalía de Castro.


 4. As presentacións deben ser orixinais e non poden estar publicadas previamente nin premiadas noutros certames.


5. Os traballos seleccionados formarán parte dunha galería de presentacións que  se exhibirán o día 24 no centro. Ditos traballos  poderán estar dispoñibles no espazo web do centro.


 6. O envío das presentacións farase por correo electrónico  ou entregaranse directamento nos Departamentos que convocan o concurso.


7. O xurado estará formado por profesorado do IES David Buján, que escollerá as  mellores presentacións que obterán premio, así como a selección de traballos que formarán parte da galería. 


8. As fotografías, imaxes, mensaxes e, en xeral, calquera contido empregado, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores das presentacións.


10. A participación neste concurso implica a autorización automática ao IES David Buján para publicar a presentación. Así mesmo, os departamentos convocantes reservan para si o dereito de corrixir os erros lingüísticos que poidan aparecer no texto, co fin de evitar a difusión de presentacións con grallas.


11. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases e do ditame do xurado.



event | by Dr. Radut