Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2022/2023

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive."

O 8 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h. Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, a próxima semana antes do inicio das clases.



page | by Dr. Radut