Skip to Content

Francés

PROGRAMA EDUMOB

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)

DATAS DAS PROBAS DO DELF SCOLAIRE

No documento adxunto poden atopar as datas das probas colectivas do Delf Scolaire.

SESIÓN DE NARRACIÓN ORAL EN FRANCÉS

O Departamento de Francés organizou unha actividade de narración oral con Samuel Mountoumnjou. O alumnado achegouse á cultura francófona a través das historias contadas polo narrador camerunés. 

ENCONTRO TELEMÁTICO CON MANUEL GAGO

O alumnado de Francés de 4º ESO mantivo esta semana un encontro telemático sobre lendas co profesor e divulgador Manuel Gago

Manuel Gago é director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación. É doutor en CC. da Comunicación e membro do Grupo de investigación de Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito profesional, desenvolve desde 1999 proxectos de comunicación interactiva, como o Mapa Sonoro de Galicia e outros produtos de difusión do Consello da Cultura Galega, e expositiva, como as exposicións Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura (2016), Alba de Gloria. Unha experiencia (2017), do Consello da Cultura Galega, ou Galicia, un relato no mundo (2019), no Museo Gaiás da Cidade da Cultura.

(Fonte: Consello da Cultura Galega)

 

NOTRE MINUIT À PARIS

Tania, Andrea, Sara, Sandra e Uxía, alumnas de francés 2LE de 2º BACH, xunto coa súa profesora Mercedes comparten a súa iniciativa Notre minuit à Paris, "unha historia de mulleres, escrita por mulleres, para amosarvos as incribles e descoñecidas vidas que a historia invisibilizou". Con ela, pretenden dar a coñecer algunhas das mulleres francesas que foron invisibilizadas na historia a pesar das súas  grandes achegas.

Podedes coñecer máis este proxecto no seu Instagram e no seu blog

Criterios de cualificación del departamento de Francés para el curso 2019-2020

Criterios de cualificación del departamento de Francés para el curso 2019-2020

Sorteo dunha fin de semana romántica - Viaxe a PAris

Aquí tedes o número premiado no sorteo da fin de semana romántica. O/A gañador/a pode contactar coas profes do Departamento de Francés para recibir o premio.Félicitations!!

 

viaxe paris 2017

 

Distribuir contido


by Dr. Radut