Skip to Content

Materias pendentes, exames e calendarios

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Adxúntanse os calendarios coas datas de entrega de traballos e realización de exames para o alumnado con algunha materia pendente 

PLANS DE REFORZO E RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Achéganse os plans de reforzo e recuperación dos diferentes departamentos para as materias pendentes de ESO e BACHARELATO.

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2023-2024

Estes son os días non lectivos concedidos por Xefatura Territorial para o IES de Poio:

13 de outubro e 20 de maio.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022/2023

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022-2023

 

DATA

 

20 e 21 

de xuño

Recollida de libros do Fondo de libros (entrega o alumnado)

Recollida do equipamento informático en empréstito (entrega o alumnado)

23 

de xuño

10:00 - publicación en ABALAR das cualificacións finais

11:00- 2ºESO: entrega de consellos orientadores.

11:00- 4ºESO: entrega de consellos orientadores, certificacións académicas e CELGA 3.

12:00 - Entrega de Diplomas de Excelencia académica no souto.

26 e 27 

de xuño

9:00 a 13:00

Reclamacións de cualificacións ante os departamentos

Presentaranse na secretaría do centro educativo

28  

de xuño

14:00

Entrega das resolucións ás reclamacións de cualificacións

Convocatoria da xefatura de estudos do centro educativo

29 e 30 

de xuño

9:00 a 13:00

Reclamacións de cualificacións ante a Xefatura Territorial

Presentaranse na secretaría do centro educativo

 

 

 

CALENDARIO PARA O ALUMNADO CON ALGUNHA MATERIA PENDENTE

Nos documentos adxuntos atópanse os calendarios de probas e entregas de traballos para o alumnado que teña algunha materia pendente no curso 2022/2023.

DÍAS NON LECTIVOS AUTORIZADOS PARA O IES DE POIO

Na imaxe poden consultar o calendario escolar do curso 2022/2023, no que xa están marcados en azul os días non lectivos concedidos ao IES de Poio: 2 de novembro e 17 de febreiro.

PLANS DE REFORZO DE MATERIAS PENDENTES 2022/2023

Nos documentos adxuntos atópanse os plans de reforzo e recuperación de materias pendentes dos diferentes departamentos didácticos (orde alfabética).

CALENDARIO ESCOLAR 2022/2023

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive."

O 8 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h. Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, a próxima semana antes do inicio das clases.

Distribuir contido


by Dr. Radut