Skip to Content

NORMAS ACADÉMICAS XERAIS

 

O Seminario de Xeografía e Historia, formado polos profesores D. J. Luis López de Guereñu Polán (Xefe do Seminario), D. M. Alberto Lago Villaverde, Dª Alcia Garrido Nogueira, e D. José Benito Rey Dobalo, saúdan a todos os alumnos que accedan a esta páxina e se ofrecen para axudarlles en todas as dificultades que teñan en relación coas disciplinas de Xeografía e Historia.


Este Seminario ten por norma esixir a máxima formalidade na presentación dos exercicios e exames escritos: limpeza, orde e correcta ortografía. Na medida en que os alumnos sexan de cursos superiores, tamén se lles esixe a utilización do léxico apropiado e unha correcta sintaxe.


A asistencia a clase e a atención ás explicacións son aspectos que os profesores arriba sinalados temos en conta con vistas á avaliación, sen prexuízo do esforzo demostrado polo alumno, o rendemento académico e a madurez alcanzada segundo o nivel no que se encontre. A participación en clase e nas actividades organizadas polo Seminario serán tamén tidas en conta.


A disciplina é fundamental para o normal e eficaz funcionamento do réxime académico: puntualidade, respecto entre toda a comunidade educativa e salvagarda dos dereitos dos demais. Os alumnos deben solicitar as explicacións por parte dos profesores, tanto durante as clases como en relación ós exercicios e exames realizados, e os profesores atenderán aquelas reclamacións que sexan razoadas polos alumnos.


As faltas a clase deben xustificarse mediante certificado médico ou calquera outro documento que se considere por cada profesor como suficiente, pero non se terá por tal a reiterada presentación de xustificantes estándar firmados polos pais ou titores legais.

INDICACIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA (curso académico 2010-2011)

No curso académico 2010-11 finaliza a implantación das previsións contidas na Lei Orgánica de Educación. Neste sentido debe facerse fincapé no logro das competencias básicas (véxanse as páxinas 134 e seguintes da Programación Didáctica). Da mesma maneira os obxectivos para cada curso están inspirados ou incluso tomados directamente do Diario Oficial de Galicia. Os contidos están seleccionados para obter os resultados académicos mínimos, sen prexuízo da ampliación que, debido o principio de diversidade, se terá presente durante todo o curso.

De igual maneira os criterios de avaliación están relacionados -como se pode observar na Programación- coas competencias básicas. Se fai constar a metodoloxía didáctica en cada caso, os materiais e recursos, os procedementos e instrumentos de avaliación (conceptuais, procedimentais e actitudinais, aínda que non se diferencie de forma expresa entre eles). Constan na Programación os instrumentos de avaliación: exames, traballos encargados ós alumnos, traballos dirixidos pola profesora ou profesor na aula, a actitude e progresividade do alumno, etc.

Consta na Programación o método de cualificación, resultado dunha AVALIACIÓN CONTÍNUA, pero nunca como resultado da media aritmética das diversas cualificacións. O profesor ou profesora ponderará todos os elementros curriculares para avaliar ós alumnos: asistencia, atención, actividade/pasividade, progresividade, exames, precisión léxica, correcta expresión oral e escrita, coñecementos científicos, asimilación de fenómenos, etc.

As profesoras e profesores non indicarán ós alumnos a cualificación mínima que é precisa para ser aprobados nas distintas disciplinas, agás o que resulta convencional de que é a cualificación de 5.

Están a disposición dos alumnos os mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva, así como se prestará especial atención -sobre todo na Educación Secundaria Obrigatoria- á atención á diversidade.

Constan na Programación os exercicios de reforzo para a cualificación de aprobado en favor dos alumnos suspensos en disciplinas de cursos anteriores. A tal efecto o profesor estará a disposición destes alumnos para a súa correcta orientación durante o curso.

Os membros do Seminario de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia do Instituto de Poio se reunirán dúas veces durante o curso para avaliar o grao de cumprimento da Programación, os erros detectados, a necesidade da súa modificación e as novidades que procedan. Neste sentido, na segunda reunión das anteditas (mes de xuño) os membros do Seminario cambiarán impresións e procederán a unha avaliación da Programación Didáctica e da súa práctica docentte.

Aqueles alumnos que sexan sorprendidos polo profesor copiando de libros, apuntes e outros medios en exames ou exercicios que teñan por obxecto unha avaliación obxectiva, serán advertidos ou se lles ordenará, de inmediato, o cese na realización do exame ou exercicio de que se trate, segundo a gravidade que o profesor aprecie en cada momento; da mesma maneira se o alumno se comunica con outros para obter unha información a incluir no seu exame ou exercicio. A profesora ou profesor non decidirá suspender a un alumno por indicios, sospeitas ou calquera outra circunstancia que non se observase no momento mesmo de producirse.

A estes efectos e a todos os relacionados coa necesaria colaboración coas familias dos alumnos, cada profesor do Seminario informará a aquelas de todo o que considere oportuno para a axuda que redunde no rendemento académico do alumno, así como para corrixir os erros, déficits, faltas de asistencia a clase ou de disciplina no que o alumno incurrise.

O alumno que falte a clase inxustificadamente chegando ó establecido no Regulamento de Réxime Interno do Centro e da lexislación en vigor, poderá ser proposto polo profesor ou profesora para que perda a escolaridade.



page | by Dr. Radut