Skip to Content

OUTROS EXERCICIOS PRÁCTICOS

Para alumnos de 2º curso de bacharelato:

 

Valor dos bens desamortizados durante o século XIX en España

(en millóns de reais)

 

Período

Clero

Beneficencia

Concellos

Outros

1798-1814

                    1.5

05

0

0

1836-1844

3.447

0

0

0

1855-1856

   324

167

  160

116

1858-1867

1.253

461

1.998

438

1868-1900

   888

327

1.415

309

Total 1836-1900

5.912

955

3.573

863

Gran total*

                   8.3

72

3.573

863

* Non se inclúe o vendido durante o trienio liberal, que segundo J. Fontana ascendeu a 100 millóns de reais.

 

<!--[if !supportLists]-->-          <!--[endif]-->Contextualización histórica: a desamortización consistiu en sacar os bens amortizados –en estado de baixa ou nula produtividade- de dita situación e poñelos en mans de quen, teóricamente, lles fosen a sacar rendimento. A mentalidade liberal (A. Smith) non concebía que uns bens –a terra sobre todo- estivesen en mans de quen non os fixesen rendibles. Non esquezamos, por outra parte, as ideas fisiocráticas dos ilustrados, que agora están en condicións de levar a cabo os liberais. Os diversos períodos ós que se refire a táboa estatística son dende a etapa ilustrada de Godoy ata finais do século XIX. Mendizábal, ministro durante varios anos en plena guerra carlista (1833-39) comprende que é necesario sacar as terras e outros bens das “mans mortas”, é dicir, da Igrexa, e vendelas a quen as quixese poñer en valor. A Igrexa non era unha institución con mentalidade liberal, senón feudal.

<!--[if !supportLists]-->-          <!--[endif]-->Antecedentes: xa durante o período das Cortes de Cádiz se lexislou neste sentido. Ademais de suprimir os señoríos xurisdicionais, abolir a Inquisición, etc., lexislouse sacando á venda pública os bens que non desen os rendementos esperados dende un punto de vista liberal.

<!--[if !supportLists]-->-          <!--[endif]-->Se nos fixamos nos datos vemos a gran propiedade da Igrexa, que supera con moito as demais magnitudes. Mendizábal viu que os recursos que se podían obter da venda de bens desamortizados poderían financiar a guerra carlista, como así foi. O proceso seguido consistiu en exclaustrar ós monxes, declarar bens nacionais as propiedades da Igrexa regular, poñelos en pública subasta e obter as cantidades sinaladas na táboa, que foron aportadas, fundamentalmente, por quen podía: a clase adiñeirada ou burguesa. Véxase tamén a importancia do valor dos bens desamortizados dos concellos dende 1858. O papel da Igrexa, non obstante, como gran propietaria durante o Antigo Réxime, queda patente.

<!--[if !supportLists]-->-          <!--[endif]-->A fonte é historiográfica, pois se trata duns datos obtidos a partir de estudos de diferentes historiadores.

 

 

Para alumnos de 2º curso de bacharelato: TRES MILITARES DO SÉCULO XIX EN ESPAÑA

BALDOMERO ESPARTERO

RAMÓN MARÍA NARVÁEZ LEOPOLDO O’DONNELL
  Dunha familia de labradores acomodados (emparentados con certa fidalguía) Dunha familia de militares de orixe irlandés.
  Combateu ós absolutistas en 1822. Retirado do exército en 1823. Formou parte do exército liberal dende 1833 e aquí comezou a rivalidade con Espartero, perseguido por éste tivo que exiliarse en Francia (1841-43). No exército liberal en 1833 (mentres os seus irmáns loitaban no banco carlista). Inscrito no moderantismo, exiliouse ó fracasar na sublevación de Diego de León contra Espartero (1841) na que participou. Tamén o fixo na de 1843 con Narváez.
  Sublevado en 1843 (Torrejón de Ardoz, Madrid), en 1844 foi chamado a formar Goberno (entre dito ano e 1851). Logo entre 1856-57 e por fin . En 1854 encabezou un golpe de Estado que capitalizaron os progresistas. Foi entonces Ministro da Guerra con Espartero como Xefe do Goberno (1854-56). Fundou a Unión Liberal e en 1856 provocou a caída de Espartero sustituíndolle, regresando á Constitución de 1845 (os progresistas iniciaran un proceso constituínte) pero cun Acta Adicional.
  Inspirou a Constitución de 1845, o Código Penal de 1848 e as reformas administraivas que levou a cabo Bravo Murillo. Detivo as desamortizacións eclesiásticas, amordazou á prensa, centralizou o poder, reprimiu os movementos populares e combateu os carlistas (2ª guerra). Impediu a influencia da revolución europea de 1848 e fortaleceu o papel da Coroa Foi a alternativa a Narváez entre 1856 e 1866. É esta unha etapa de auxe económico coa construción de ferrocarrís e obras públicas.
  Reprsenta un liberalismo tibio e autoritario. Levou a cabo unha política exterior acorde co que outros países europeos empezaran a facer: colaborou coa Francia de Napoleón III na conquista de Indochina (1858-62), México (1861), incorporou Santo Domingo entre 1861 e 1865; levou a cabo a guerra do Pacífico contra Perú e Chile (1865-68) e a guerra de África (1859-60). Ocupou Tetuán e fixo recoñecer ás autoridades marroquíes as posesións españolas de Ceuta, Melilla e Ifni.
    Rexeitou os carlistas en San Carlos de la Rápita (Tarragona) en 1860. Reprimiu a insurrección de Prim en 1866.

 O réxime da Restauración no século XX: os síntomas do seu final:(2º curso de bacharelato) O seguinte resumo pretende AXUDAR ÓS ALUMNOS A COMPRENDER o cambio producido na segunda parte do réxime da Restauración (primeiras décadas do século XX). -         Os problemas de España estaban irresoltos: atraso industrial, maioría de poboación agraria, inxusto reparto da riqueza, analfabetismo, depauperación…-         A estabilidade do réxime non servira para dar solución ós problemas máis urxentes: modernización do exército, recuperación trala perda de Cuba, reclamacións obreiras..-         Unha das primeiras mostras da debilidade do réxime se dá no cumio do poder: os partidos dinásticos (liberais e conservadores) divídense en tendencias ó desaparecer os persoeiros que os mantiñan unidos. Maura e Canalejas, importantes estadistas, non son quen de manter a unha clase dirixente que aspira a disputar o poder ós seus líderes. (A: ver B).-         A aceptación polo Goberno da Lei de Xurisdicións (1906), esixida por un sector do exército, significou unha claudicación e unha falta de respecto á división de poderes clásica do liberalismo (as ofensas ó exército, as acusacións de atentar contra a unidade de España e outros considerados delitos serán xuzgados por tribunais militares). En realidade, o papel en segundo plano do exército durante a primeira parte do réxime da Restauración rachábase.-         A semana tráxica de Barcelona (1909) é o resultado dunha protesta obreira contra a guerra que España mantiña en Marruecos pola posesión de dito territorio, que se decidira na Conferencia de Algeciras en 1906: as clases humildes non estaban despostas a enviar ós seus fillos á guerra para defender os intereses económicos da oligarquía, o que quere dicir que o movemento obreiro está en alza e que o clima imperialista tamén existiu en España.-         Dase a chamada ruptura do pacto de El Pardo, polo que os partidos hexemónicos poñíanse de acordo para sucederse no poder mediante o falseamento electoral. (B: ver A).-         A folga xeral revolucionaria de 1917 (ano do triunfo da revolución obreira en Rusia) é unha resposta dos sindicatos e partidos obreiros (Partido Socialista Obrero Español) á situación de desabastecemento que sufría España e, polo tanto, ó encarecemento dos prezos dos produtos de primeira necesidade, mentres grandes industriais e banqueiros engordaban os seus beneficios ó subministrar produtos e servizos os países belixerantes na guerra mundial (1914-18).-         A formación de Xuntas de Defensa por parte dalgúns militares, forzando a legalidade, que prohíbe ás organizacións militares, é unha mostra máis de que o exército non está disposto a seguir subordinado ó poder civil.-         A Asemblea de Parlamentarios en Barcelona, reuníndose algúns deles ó marxe do Parlamento legalmente constituído, é unha mostra do descontento nalgunhas rexións de España e da falta de respecto á legalidade.-         A dexeneración da orde pública se manifesta nos últimos anos da década do dez e os primeiros do vinte co pistolerismo: contratación de pistoleiros a soldo por parte de empresarios para contrarrestar a violencia practicada por algunhas organizacións obreiras (particularmente a Confederación Nacional del Trabajo, fundada pouco antes, de tendencia anarquista). -         1923: golpe de Estado de Primo de Rivera, que volve á tradición golpista do exército característica do século XIX… pero agora despois dun longo réxime que parecía ter superado este fenómeno…. Remata o réxime da Restauración, pero non a monarquía de Alfonso XIII (ver o esquema explicado en clase).   

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut