portada30

Premios Luís Freire MC2 de Investigación Científica na Escola.

Luís Freire foi un botánico e micólogo galego fundador da Sociedade Galega de Historia Natural, entre estas e outras moitas razón existen os Premios Luís Freire MC2 de Investigación Científica na Escola.

Dende o Departamento de Física e Química do centro realizouse o pasado curso un traballo de alto nivel científico sobre o Radón polo cal se quedou finalista no mencionado premio. Non foi posible poder defendelo na final por mor do COVID-19. A pesar disto o alumnado involucrado vese premiado coa visita aos museos coruñeses que se realizará tento en conta todas as medidas COVID-19 vixentes.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer