portada30

Benvida

O noso centro

 

 

Ensinar é o oficio de axudar a medrar, de educar a ollada, de consolidar a madurez dos cidadáns do futuro.

Ensinar é moito máis que transmitir contidos ou inculcar valores.

Os docentes sabemos que un centro de ensino é un espazo de encontro, un lugar no que saber en común, no que compartir xeitos de entender o mundo e de afrontar o reto de ser adulto.

Ensinamos para ser mellores persoas, para ser felices, para afrontar os problemas que nos obrigan a superarnos, para ser solidarios e respectar os demais.

Educar non é un traballo. É un oficio. O oficio de crer nunha sociedade mellor, nun individuo mellor.

O IES de Sar pretende ser ese lugar de tolerancia no que os nosos alumnos sexan felices, independentes, creativos.  

Formamos cidadáns.

Cidadáns con futuro.

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer