portada30

Listaxe de alumnado de centros adscritos admitido para o curso 22_23 en 1º ESO

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional de alumnado admitido en 1º ESO (todas as solicitudes foron admitidas) para o vindeiro curso académico 2022/2023 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar. Este listaxe corresponde ao alumnado que procede de centros adscritos.

 

De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

 

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer