portada30

Hoxe fixemos un acto de confraternidade ben bonito e emotivo co alumnado e profesorado do Istituto Orsoline S. Carlo Liceo Linguistico Europeo de Como

Hoxe fixemos un acto de confraternidade ben bonito e emotivo co alumnado e profesorado do Istituto Orsoline S. Carlo Liceo Linguistico Europeo de Como, neste intercambio do programa EduExchanges que nos uniu estes días. Participaron nel o noso coro Son de Sar e alumnado que voluntariamente quixo agasallalos coa súa arte.
Como colofón, tivemos entre nós ao músico e actor Xoán Curiel, que interpretou un repertorio moi ben escollido para o público que tivo ocasión esta mañá de desfrutar do seu talento: dous temas en italiano, dous temas en castelán, un en portugués, outro en inglés e dúas versións fantásticas de dúas cantigas trobadorescas medievais.
Sinerxias de música, linguas, culturas. Un feliz encontro entre pobos irmáns e músicas que comparten raíz.
En abril tocaranos a nós visitalos na preciosa cidade de Como.
Grazas á nosa profesora de Inglés Lucinda Sousa e ás profesoras de Español en Como Maria Bianchi e Ilaria Verani polo éxito da iniciativa.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer