portada30

O persoal non docente é unha peza esencial na engrenaxe do ensino público.

O persoal non docente é unha peza esencial na engrenaxe do ensino público. Sen eses traballadores, sen a súa complicidade, dedicación e esforzo no día a día, o rumbo dos centros de ensino sería errático e atropelado.
Ás veces semella que ese persoal non está porque acostuma a pasar desapercibido. Pero os que levamos anos nesta profesión sabemos que pasa cando falta por algún motivo puntual. E pasa que as cousas deixan de funcionar como deberan e o persoal docente non sabe como valerse sen el.
E por riba, cando son empregados cordiais, agradables, xenerosos e están sempre cun sorriso na boca, que nos deixen é un motivo de tristeza.
Vai a nosa aperta coas palabras máis agarimosas para Ana Belén Oria Blanco, que nos deixa temporalmente, pero esperando que retorne a esta casa cando lle sexa posible.
Aquí toda a comunidade educativa a vai botar moito de menos.
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer