portada30

Concurso "Fotografía pola igualdade"

Este ano o concurso de fotografía ímolo facer dende a FANPA COMPOSTELA e coa colaboración da Comisión de Igualdade, como un xeito de apoiar as mobilizacións do 8 de marzo próximo, e de achegar  algo positivo na loita a favor da igualdade.  Queremos facer fincapé na necesidade do respeto e do traballo a prol da igualdade de todas nós.

 
Precisamos que sexa un éxito, e non precisamente para sentirnos existosas, senón para que as nosas fillas e fillos miren ao exterior tentando ver o mundo - e fotografalo- coa peneira da igualdade nos seus ollos; non imos pretender que con iso cambiaremos o mundo, pero pode ser unha pedriña máis na súa educación en positivo. 
 
As fotos poderán presentarse ata o 22 de febreiro ás 24:00h
 
Agradecemos a vosa colaboración.
 
Para ver toda a información, premer sobre a imaxe
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer