portada30

Complementarias

Primeiro premio no XI Concurso de Solistas do Consrvatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

Parabéns ao noso alumno Artai Isasi Vázquez, que vén de recibir o primeiro premio no XI Concurso de Solistas do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
Temos contado con el no centro para moitas actuacións interpretando o piano, demostrando que ten un talento excepcional tocando un instrumento que domina á perfección. Ademais de ser un alumno brillante é un rapaz xeneroso, que demostra bo talante en calquera faceta da vida, sempre disposto a todo.
Esta mañá, precisamente, enleámolo para que actúe na festa do 30 Aniversario que imos celebrar o 5 de abril por todo o grande. E penso que nos vai dar unha sorpresa, preparando unha actuación co seu amigo Lois Rodríguez Pereiras, excelente alumno do centro tamén e virtuoso do bombardino como poucos.
Parabéns, Artai, por este merecido recoñecemento!

Fotografías das árbores dos nosos xardíns

Hoxe compartimos unhas fotografías dos herbarios das árbores dos nosos xardíns que praparou o noso alumnado de 1º da ESO na materia de Afondamento de Bioloxia, dentro do Plan Proxecta NATURÉZATE.
Grazas, Chus Gómez, por ensinalos a mirar de preto o seu entorno.
No seu día o catedrático de Bioloxía Pablo Gómez Segade, extraordinario compañeiro e mellor docente, mimou eses xardíns como se fosen os da súa propia casa.
 

Recepción en Raxoi aos alumnos italianos de intercambio co IES de Sar

Grazas a La Voz de Galicia por facerse eco desta recepción e, sobre todo, grazas á alcaldesa Goretti Sanmartín por recibirnos e por facelo con tanto agarimo.
Grazas tamén a Mercedes Rosón e a María Baleato por acompañarnos, abríndonos as portas da casa de todos os composteláns e compostelás.

Charla divulgativa do profesor Felipe Gómez Cuba da Universidade de Vigo

Charla divulgativa do profesor Felipe Gómez Cuba da Universidade de Vigo para o alumnado que cursa Dixitalización en 4° da ESO e Educación dixital en 3° da ESO titulada Chocolate, wifi e buratos negros.

Noticia El Correo Gallego da celebración dos 30 anos do IES de Sar

Moitas grazas a Lorena Rey pola cobertura informativa das celebracións que nos vindeiros meses imos facer no IES de Sar para festexar as nosas tres décadas de vida.

 

 

Visita do decano da Facultade de Humanidades de Lugo

Hoxe repetiu a súa visita do ano pasado ao IES de Sar o decano da Facultade de Humanidades de Lugo Gonzalo Francisco Fernández Suárez para falarlle de xestión cultural ao alumnado de 1° de Bacharelato de Artes e para animalos a que cursen o grao e o máster de Xestión Cultural, que se imparten nesta facultade de Lugo.
Moitas grazas por repetir!
 
 

Traballos do noso alumnado de 1º de Bacharelato E e F para o proxecto salvavidas

Compartimos algúns traballos do alumnado de 1° de Bacharelato E e F para o Proxecto Salvavidas, no que este ano participan as nosas profesoras Chus Gómez, Pamen García, Tamara Paredes e Zoraida Barral para concienciar da importancia de doar sangue desde idades temperás.

 

Programación de actividades polo 30 aniversario

Neste mes de xaneiro,  o IES de Sar vén de facer 30 anos. Por iso quixemos preparar unha programación de actividades moi especial para celebralo con toda a comunidade educativa. Entre febreiro e maio, o noso alumnado terá ocasión de participar nunha chea de propostas educativas, culturais e científicas que confiamos en que non esquezan.

Intercambio co IES de Sar do programa Eduexchanges

Xa está en Compostela o alumnado e profesorado que participa do intercambio co IES de Sar a través do programa Eduexchanges. Trátase dun intercambio co centro italiano Alessandro Volta .Esperamos que desfruten da cidade e do trato hospitalario das familias do noso alumnado que os acollen estes días.

Curtametraxe Gaza(Premio Goya, 2017)

Tivemos ocasión de ver a curtametraxe Gaza (Premio Goya, 2017), presentado por Sara Ashour e compañeiras da Fundación Araguaney. Un filme duro que dá conta da terrible situación que se está a vivir na franxa de Gaza desde hai décadas.
Grazas a Mercedes Monteagudo por convidala.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer