portada30

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO RESERVA DE PRAZA PROCEDENTES DE CENTROS ADSCRITOS CURSO 2021/2022

Dende o  18 de febrero de 2021, pódese consultar a listaxe definitiva do alumnado admitido neste instituto, procedente dos centros adscritos para o vindeiro curso académico 2021/2022. 

Debido á Lei de protección de datos, só se poderá consultar de forma presencial no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar, ou ben a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre. 

 

O calendario de admisión para o curso 2021-2022

Según a orde Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica o prazo de reserva de centros adscritos o calendario de admisión do curso 2021-2022

 

  1. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  3. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 22 de marzo.
  4. Presentación de documentación acreditativa de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicitudes de admisión.
  5. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  6. Publicación das listaxes definitivas: antes do 15 de maio.
  7. Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20- 30 de xuño.
  8. Formalización de matrícula en ESO e bacharelato:  25 de xuño- 10 de xullo.
  9. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1- 10 de setembro

A admisión pódese realizar, do 1 ao 22 de marzo, no centro que se elixe ou na aplicación (entrada con certificado dixital ou chave 365) admisionalumnado. 

 

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado na ESO

No seguinte documento poderán consultar toda a información para o reparto de mascarillas.  O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (venres 13 de novembro).

 

 

 

Lixtaxe definitiva fondo de libros e transporte

-As listaxes definitivas do fondo de libros e do transporte escolar están expostos no taboleiro de anuncios do centro

 

 

Trámites alumnado 2º Bacharelato

O alumnado de 2º Bacharelato que titule en setembro deberá facer os seguintes trámites administrativos, no centro:

1.Solicitude do título de Bacharelato (todo o alumnado) 

2.Matrícula das ABAU Setembro ( os que se queiran presentar), do 3 ao 8 de setembro

No seguinte documento teñen as instrucións  para realizar ditos trámites.

O 8 de setembro farase pública a listaxe de alumnado matriculado na convocatoria extraordinaria 2019-2020. O alumnado deberá revisar os seus datos podendo interpoñer, no seu centro, reclamación ata as 14.00 horas dese día se detecta algún erro 

A partir do 8 de setembro o alumnado poderá consultar en NERTA a súa matrícula na ABAU

Máis información, que pode ser de interés:

Para consultar o calendario da CIUGA prema aquí 

Instrucións Nerta

Instrucións descarga de documentos ABAU asinados dixitalmente

Solicitude de certificados

  A secretaría do IES DE SAR recolle solicitudes enviadas dende a web para as seguintes certificacións:

        • CELGA (Certificación Oficial Acreditativa do nivel de coñecemento da Lingua Galega) DOG 146, luns 30 de xuño de 2007.
        • Certificación oficial dos estudos realizados no IES DO SAR.

Cubra os campos seguintes cos datos requiridos. Unha vez cubertos prema no botón enviar.

Durante o mes de Agosto poderá recoller o seu certificado na secretaría do centro os xoves de 10:00 a12:00 horas

Listaxe provisional Fondo Libros

Para consultar as listaxes provisionais do Fondo de libros deben pasar polo centro

Prazo de matrícula

Para ver o documento premer aquí

O prazo ordinario de matrícula comeza o mércores 1 de xullo e remata o venres 10 do mesmo mes.

O prazo extraordinario de matrícula vai do martes 1 de setembro ao xoves 10 de setembro.

 

Libros de texto curso 2020_21

 No seguinte enlace poderá consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso 20_21

Listaxe de admitidos para o curso 2020-21

Poden consultar a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-21 na taboeiro de anuncios colocado ao lado da entrada principal do IES de Sar.

A información figura tamén na web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  e está dispoñible para aqueles solicitantes que teñan a chave 365.

As listaxes son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer