portada30

Relixión

Fotos da viaxe a Polonia

Polonia Abril 2017

Reunión informativa viaxe a Polonia

O luns 27 de marzo haberá unha reunión informativa para pais, nais e alumnado  sobre a excursión a Polonia no Salón de Actos do Instituto ás 20:00 horas.Estarán presentes as profesoras que acompañarán ao alumnado e tamén unha persoa responsable da axencia de viaxes.

Viaxe a Polonia

Dende o venres 31 de marzo ó venres 6 de abril, alumnos e alumnas de Relixión de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato, realizarán unha viaxe cultural a Polonia. Viaxarán acompañados das profesoras Sofía Balseiro e Pilar González.

Fotos exposición "Soldados de Terracota"

Exposición Soldados de Terracota

Exposición "Soldados de Terracota"

O vindeiro 20 de dedembro do 2016 o alumnado de 4º ESO e  1º Bacharelato irán a Vigo a visitar a exposición Soldados de Terracota (Guerreros de Xian). Sairán ás 9:00 e voltarán as 14:30 horas.

Dita actividade está organizada polos departamentos de Relixión, Debuxo Técnico e Tecnoloxía 

Excursión a Madrid

Excursión a Madrid do alumnado de Relixión de segundo e terceiro ESO dende o 20 ao 23 de abril. Esta actividade está organizada polo departamento de Relixión e estarán acompañados por Sofía Balseiro

Excursión a Amsterdam. 2016

Excursión a Amsterdam, do 29 de marzo ao 3 de abril de 2016. (permiso cedido para a páxina web do centro).

Departamento de Relixión. Profesora acompañante: Sofía Balseiro Álvarez. Alumnado asistente: Alumnado de Relixión dos cursos de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º de Bacharelato.

O premer sobre a imaxe podes atopala no tamaño orixinal

 

Aplicación dunha dinámica de grupo

En colaboración coa USC o alumnado 4º ESO (só alumnado de Atención Educativa) realizarán unha actividade o vindeiro martes 8 de maio de 10:50 a 11:40 h na súa aula acompañados pola profesora Margarita Méndez

Viaxe a Roma.

Do 23 ao 27 de febreiro o alumnado de bacharelato e 4º ESO realizarán unha viaxe a Roma en colaboración co IES O Milladoiro. Profesoras acompañantes: Sofía Balseiro e Sonia Riveira (prof. de Relixión Católica no Milladoiro)

visita á exposición no museo das peregrinacións.

O mércores 9 de outubro de 10:30 a 12:30 o alumnado de 2º ESO visita á exposición no museo das peregrinacións “les gens du chemin. Peregrinación a S. Marie de la Mer” acompañados por as profesoras  Sofía Balseiro e María Giménez

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer