portada30

Lingua Galega e Literatura

Adaptación da programación 2019/20120

Para consultar a Adaptación da programación do curso 19_20 prema no seguinte enlace

Roteiro Isaac Díaz Pardo

O vindereiro venres 14 de febreiro o alumnado de 3º ESO e 1º ESO B realizarán  un roteiro por distintos lugares da cidade relacionados con Isaac Diaz Pardo. Sairán as 09:00 e voltarán ás 14:00 horas.

Na prensa, La voz de Galicia do día 15 de febrero e no Correo Gallego do xoves 13.

        

Conferencia "A arte de trobar"

O alumnado de 1º Bacharelato D e E, asistirán o martes 21 de xaneiro de 9:40-10:30 na Biblioteca, a unha conferencia, "A arte de trobar",  impartida por Santiago Lopo.

 

Vértice de Versos

VÉRTICE de VERSOS

O vindeiro martes 17 de decembro de 10:30 horas a  12:30 horas no Salón de Actos do instituto o alumnado de 2º de Bacharelato participará nun acto Poético- Musical centrado na actual poesía galega "Vértice  de versos".

 

Encontro coa escritora Ledicia Costas

O alumnado de 1º, 3º e 4º ESO asistirá hoxe martes 7 de maio, 11:50 a 12..30 horas ,no Salón de Actos, a un encontro coa escritora Ledicia Costas.

Día das letras Galegas Antón Fraguas

O mércores 8 de maio de 2019, dende as 13:20 as 14:30 horas, o alumnado de 3º ESO e 1º bacaharealto (B,C e D) asistirán a unha representación de Serafín Marcos, Quén ten un mestre etnógrafo?.

Colaboran os departamentos de  Música e Física e Química 

Correlingua

Hoxe, 6 de maio, o alumnado de 1º ESO asiste ao Correlingua, dende ás 10:00 a 14.00 horas.

Made en Galiza

Hoxe venres, 5 de abril ,dende as 11:00 ás 13:30 horas, alumnado de 3 ESO, 1 Bacharelato B, C, D  asisten a unha obra de teatro “Made en Galiza” no IES Xelímites 

Encontro Literario

O vindeiro venres 29 de marzo, o alumnado de 4º ESO asistirá a un "Encontro Literario" na Librería Couceiro. Sairán ás 10:30 horas e voltarán ás 12:30.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer