Lectura de Poemas

Enviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:26
03/04/2014 10:10
03/04/2014 12:20
Etc/GMT+1

Como xa ven sendo case tradición, tamén este ano, da man da Biblioteca do IES POETA DÍAZ CASTRO, un grupo de alumnos/as desplazáronse aos colexios de Educación Infantil e Primaria adscritos ao noso centro para compartir cos pequenos e futuros compañeiros unha boa ración de poesía e literatura.

Acompañados/as polo profesor SANTIAGO DANS, o xoves 3 de abril visitaron o CEIP LAGOSTELLE, o CEIP SANTO ESTEVO DE PARGA e o CEIP DA CASTELLANA.

Non temos dúbida de que todos, visitantes e anfitrións disfrutaron da xornada.

Visita a Lugo

Enviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:13
24/03/2014 08:30
24/03/2014 19:00
Etc/GMT+1

Acompañado polas profesoras IRENE BARREIRA REY e MÓNICA CAMPO VÁZQUEZ, o luns 24 de marzo un grupo de 32 alumnos/as deste instituto realizaron unha interesante visita a Lugo.

Así, puideron visitar o MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL de Lugo, levar a cabo un paseo por "Lucus Augusti" e a Muralla Romana e coñecer o Centro de Interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos.

Xa pola tarde, asistiron á representación teatral da "Aulularia" de Plauto, no Auditorio "Gustavo Freire".

 

 

Obradoiro de fotografía

Enviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:06
31/03/2014 11:30
31/03/2014 14:10
Etc/GMT+1

O luns 31 de marzo, e formando parte do noso proxecto "Fotografía en curso", dentro do Plan Proxecta, desenvolveuse un obradoiro de fotografía co reputado artista VARI CARAMÉS.

Neste obradorio puido participar o alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º de E.S.O., coa coordenación da profesora Nuria Pena.

19 de febreiro: Centenario nacemento Díaz Castro e presentación EDUCABARRIÉ

Enviado por admin o Lun, 24/02/2014 - 09:16

O pasado mércores 19 de febreiro, conmemoramos no IES o centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro. A esta celebración sumáronse invitados dende o IES Urbano Lugrís de A Coruña e o alumnado de 4º de ESO do CPI Dr. López Suárez, de Friol. Tamén tivemos a honra de contar coa presenza dos representantes da Fundación Barrié, de Educabarrié e os dos proxectos que, xunto con noso, foron seleccionados na Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14 de Educabarrié que tiveron a ben facer a presentación deses proxectos no noso centro en tan significativa data para nós.

Tanto o alumnado de A Coruña, como o de Friol, comezaron a súa xornada en Guitiriz cunha visita, guiada por alumnos/as, das instalacións do IES POETA DÍAZ CASTRO.

Tra-la visita procedeuse ao visionado no Salón de Actos do documental "A Lus do Mundo", realizado no nos instituto o pasado curso. Tras a proxección, realizáronse diversos xogos e actividades no propio salón de actos, antes de sair a "invadir" as escaleiras e recibidor do centro para levar a cabo unha "performance" con música, cantos e curiosa percusión, da que daremos debida conta en canto dispoñamos do material...

Ao mesmo tempo tiña lugar no noso IES a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14.

O Director da Fundación Barrié, Javier López, a Directora de Investigación e EducaBarrié, María José Mariño e a Asesora educativa de EducaBarrié, Susana Vázquez, reuniron en Guitiriz ao profesorado que desenvolve os proxectos

- Fala Londres do Instituto Español Cañada Blanch de Londres, profesor Xaime Varela.

- Ciencia cidadán na escola do IES David Buján, profesor José Viñas.

- Construíndo a cultura do pensamento eficaz hoxe para mañá do C.P.R. San José de Pontedeume, profesora M. T. Iglesias Polo.

- Proxecto de colaboración A Xunqueira-Amencer, do Centro Integrado A Xunqueira de Pontevedra, profesor M. Pérez Hernández; e

- Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, profesora Olga Aguiar.

Deuse conta do elevado nivel das intervencións educativas seleccionadas, o seu rigor e capacidade de aglutinar intereses moi variados do profesorado para mellorar a práctica docente, a captación do talento do alumnado e os incentivos en coñecemento e implementación das novas didácticas e tecnoloxía nas aulas.

Todos os proxectos serán elaborados neste curso escolar e poranse a disposición da comunidade educativa co compromiso de compartir e espallar as súas experiencias. Unha oportunidade para visibilizar a capacidade do profesorado con inquedanzas e desexo de formación permanente. Para o noso Centro unha oportunidade máis de desenvolver un proxecto interdisciplinar, vinculado á cultura e entorno do alumnado. 

DÍAZ CASTRO desde Galicia para o Mundo

Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 07:14

Reportaxe emitida no programa DESDE GALICIA PARA O MUNDO sobre a figura de DÍAZ CASTRO e o traballo que se está a facer no instituto:

( categories: )

Visita á Fundación TIC en Lugo

Enviado por admin o Ven, 31/01/2014 - 06:46
05/02/2014 10:10
05/02/2014 14:00
Etc/GMT+1

O mércores 5 de febreiro, o alumnado de Educación Plástica e Visual do curso 4º de E.S.O. levará a cabo unha visita á Fundación TIC de Lugo.

A saída do instituto está programada para as 10:10, e o retorno se fará ás 14:00.

Nesta ocasión estarán acompañados/as polas profesoras Nuria Pena (Educación Plástica e Visual) e Verónica del Río (Orientación).

 

 

Visita á Casa das Palabras en Guitiriz

Enviado por admin o Ven, 31/01/2014 - 06:42
04/02/2014 10:10
Etc/GMT+1

Acompañado pola profesora de Educación Plástica e Visual, Nuria Pena, e máis o profesor de Relixión Católica, Alfonso Blanco, o alumnado de Plástica de 4º curso de E.S.O. fará unha visita á Casa das Palabras de Guitiriz o martes 4 de febreiro.

Esta actividade ocupará parte da mañá, entre as 10:10 e as 13:10.

 

 

 

Proxecto seleccionado por EDUCABARRIÉ

Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 07:10

A FUNDACIÓN BARRIÉ ven de facer pública a resolución da selección de proxectos promovidos dende EDUCABARRIÉ,  espazo común e punto de encontro e intercambio de actividades e propostas educativas, para o curso 2013-2014.

A esta convocatoria, o noso centro presentara, en colaboración coa Asociación Cultural XERMOLOS e o Grupo de Investigación de Pedagoxía, Historia e Sociedade da Universidade de A Coruña, o proxecto

 

TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO. UN ROTEIRO INTERACTIVO POLA POESÍA, O LUGAR E A PERSOA


que resultou ser un dos tres seleccionados dentro da modalidade "Proyecto Colaborativo e Intercentros".

 

Noraboa a todos/as e agora... a traballar!...   +info

( categories: )

Premio

Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 06:05

Un dos nosos alumnos ven de ser galardonado co PREMIO DE E.S.O. AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL, na súa convocatoria correspondente ao curso 2012-103.

Dende aquí facemos públicos os nosos parabéns ao alumno e á súa familia, e animamos á comunidade educativa a seguir traballando neste camiño que parece non ser o errado.

NORABOA!

( categories: )

VISITA DIDÁCTICA MULTIDISCIPLINAR Á CORUÑA

Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:19

O pasado martes 17 de decembro levamos a cabo, por segundo ano, unha interesantísima actividade extraescolar, consistente en desplazar fóra do centro á práctica totalidade do alumnado para realizar diferentes visitas e actividades.

Así, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O., e o de 1º de BAC, poideron disfrutar, na Coruña, de:

- Sesión de patinaxe sobre xeo.

- Visita á Fundación Barrié.

- Visita á Torre de Hércules.

- Visita á Domus-Casa do Home.

- Museo Arqueolóxica - Castelo de S. Antón

...

En fin, unha mañá repleta de ocio e cultura que agardamos podamos repetir o vindeiro curso.

En breve, publicaremos un pequeno album fotográfico da xornada.

Distribuir contido