OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

Enviado por admin o Mar, 20/05/2014 - 08:39

Por fin! Chegou o día! E agora, a seguir traballando...

Aquí está xa OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS, a curtametrase feita no IES, có alumnado do IES, có profesorado do IES, con toda a comunidade educativa do IES, e baixo a maxistral dirección de CRISTINA DE LA TORRE.

Participación do alumnado no PORTAL DAS PALABRAS

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 12:32

Podedes ver xa no PORTAL DAS PALABRAS (iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié) a participación do alumnado na interpretación do vocabulario de NIMBOS.

Aqui tendes 3 videos:

- Unha análise de Penépole.

- Unha intervención de Alfonso sobre as palabras clave na vida do poeta.

- E as colaboracións do alumnado de 1º ESo e 1º e 2º Bach, falando do léxico de "Nimbos".

Este último o podedes ver aqui mesmo:

Moitas cousas na Biblioteca

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:44

Moitas cousas que ver e facer na Biblioteca. Na marxe dereita desta mesma páxina tes uns enlaces ás actividades, ao catálogo e ao blogue da biblioteca.

Tamén invitámosche a que visites o seu canal en Youtube, no que están colgadas todas as aportacións audiovisuais que dende a Biblioteca do IES POETA DÍAZ CASTRO se levan feito.

Dálle unha volta!!

 

Como se fixo... III

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:38

Terceira e derradeira entrega do "making off" da nosa próxima estrea: "Os camiños esquencidos".

Felicidades a todos e todas as que participaron e fixeron posible a elaboración, tanto do corto coma destes pequenos documentais no que se amosan imaxes inéditas e impresións dos participantes.

Podes velo no BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben directamente aquí.

Como se fixo... II

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:32

Segunda entrega do "Como se fixo", con imaxes inéditas, entrevistas aos participantes no proxeto, e moitas sorpresas.

Podedes velo accedendo ao BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben directamente aquí.

"Vivir aquí": Guitiriz na TVG

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 10:49

O sábado 10 de maio, ás 15:30 h., poderemos ver dentro do programa VIVIR AQUÍ da Televisión de Galicia (TVG), a reportaxe gravada no instituto, coa participación de alumnado e profesorado do centro.

 

Facendo camiño...

Como se fixo... I

Enviado por admin o Mar, 06/05/2014 - 04:04

Os proxetos empezan a tomar forma. Moito traballo, moita adicación, moita ilusión,... E o resultado... Xa se verá.

De momento, dende a Biblioteca nos deixan a primeira entrega do "Como se fixo", con imaxes inéditas, entrevistas aos participantes no proxeto, e moitas sorpresas.

Podedes velo accedendo ao BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben pinchando directamente sobre a imaxe.

Estade atentos, porque haberá máis entregas...

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Enviado por admin o Lun, 28/04/2014 - 08:16

A alumna de 1º de E.S.O. LUCÍA CAMPOS GONZÁLEZ, foi premiada no VIII Concurso de Fotografía Matemática, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA).

 

A fotografía galardonada é a que podedes ver nesta nova, e leva por título OVOS CONCÉNTRICOS.

 

Parabéns, Lucía!

 

 

 

Saímos na Radio

Enviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 05:00
10/04/2014 08:30
10/04/2014 14:00
Etc/GMT+1

O xoves 10 de abril, ás 12:25 do mediodía, poderemos disfrutar da emisión en Radio Principal de Vilalba da Selección de Contos elaborados polo alumnado de 1º de E.S.O.

Como? Hai dúas opcións: ou ben sintonizando o dial 87.7 da FM, ou ben a través da web RADIOYTELE.

PONTE EN ANTENA!

 

Tralas pegadas de Díaz Castro na EducaBarrié

Enviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:36

Xa podedes seguir as novedades do noso proxecto

 

Tralas pegadas de Díaz Castro: un roteiro interactivo pola poesía, o lugar e a persoa

 

na páxina web de Educa Barrié.   ENLACE

 

 

( categories: )
Distribuir contido